Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11518

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

A Resolución do 16 de decembro de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro, pola que se convoca o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, dispón na base II.1.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o segundo exercicio o día 15 de decembro de 2022 e tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública