Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11134

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2022.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de
Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro
e decembro do ano 2022

Convenio

Achega da consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, a Consellería de Medio Ambiente, a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para realizar unha investigación sobre as condicións actuais das iniciativas públicas en Galicia en materia de planificación, conservación e ordenación territorial e propostas de futuro para unha ordenación e planificación sustentable en Galicia.

73.450 €

13.9.2022

Convenio de colaboración entre a Atriga e a Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a motor, reparación, recambios y afines (GANVAM) para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

13.9.2022

Protocolo de adhesión do Concello das Somozas ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

14.9.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Ilustre Colexio de Procuradores de Madrid, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

30.9.2022

Protocolo de adhesión ao Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

30.9.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Cervo ao convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

30.9.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Ribadeo ao convenio subscrito entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

3.10.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a entidade de crédito Abanca, corporación bancaria, S.A., polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática dos avais ante á Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

10.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a entidade de crédito Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega ecnómica

10.11.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a entidade de crédito Caixabank, S.A., polo que se establecen as condicións xerais de presentación telemática de avais ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade autonónoma de Galicia.

Sen achega económica

10.11.2022

Acordo de prórroga do acordo de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Axencia Tributaria de Galicia, para a elaboración de determinacións na base de datos xeográfica empregada pola Axencia Tributaria de Galicia na comprobación de valores de inmobles de natureza rústica.

Sen achega económica

22.11.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Ponteareas ao convenio de colaboración entre a Atriga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

23.11.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Beariz ao convenio de colaboración entre a Atriga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

23.11.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Corcubión ao convenio de colaboración entre a Atriga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

23.11.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Xermade ao convenio de colaboración entre a Atriga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

28.11.2022

Protocolo de adhesión do Concello de Chandrexa de Queixa ao convenio de colaboración entre a Atriga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

29.11.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Cartelle en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

12.12.2022

Addenda ao acordo entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o inicio da prestación dos servizos de interoperabilidade de emisión de certificados de estar ao día no pagamento á Xunta de Galicia para recibir axudas e subvencións e para a contratación coas administracións públicas.

Sen achega económica

13.12.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Concello de Ribadumia en materia de recadación executiva.

Sen achega económica

20.12.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e as oficinas liquidadoras de distrito hipotecario da provincia da Coruña.

629.200,00 €

27.12.2022