Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11526

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2023, do tribunal cualificador do proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 26 de xaneiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) e modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 262, do 31 de decembro), para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 006 do grupo I, titulado/a superior psicólogo/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2023

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

***3865**

Sánchez André, Sara

42,61

Exento/a

38,00

80,61

2

***0617**

Veiga Rodeiro, Sergio

39,97

Exento/a

33,05

73,02

3

***4898**

López Astray, José Luis

32,69

Exento/a

38,00

70,69

4

***4046**

Rielo Iglesias, María Luz

32,64

Exento/a

38,00

70,64

5

***4103**

Quintela Loureiro, Elena

31,40

Exento/a

37,92

69,32

6

***7820**

Vázquez López, Begoña

32,72

Exento/a

36,00

68,72

7

***1024**

García López, Cristina

43,02

Exento/a

0,00

43,02

8

***7979**

Ares Calvo, Claudia

32,06

Exento/a

9,40

41,46