Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO referente á convocatoria para prover dúas prazas de oficial da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 243, do 22 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

Dúas (2) prazas de oficial de policía, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de oficial de policía, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadradas no grupo de titulación C1, nivel de CD 22, pola quenda de promoción interna, mediante o procedemento de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios, cando proceda conforme coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da sede do Concello de Marín.

Marín, 12 de xaneiro de 2023

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta