Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11565

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudo de detalle da UE-6 Cabreira-Maianca (expediente 2022/PLANEAM/000021-FG número 708).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2023000422, do 25 de xaneiro de 2023, acordouse aprobar inicialmente con condicións a modificación do estudo de detalle da UE-6 Cabreira-Maianca, para a ordenación de volumes das parcelas 23 á 28 no quinteiro nº 2 (documento R.E. nº 2023001000, do 20.1.2023).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 26 de xaneiro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente