Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases para o ingreso en prazas de persoal funcionario, laboral fixo e laboral fixo descontinuo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 298, do 30 de decembro de 2022, publicouse integramente a convocatoria e as bases para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo (D.A. 6ª e D.A. 8ª da Lei 20/2021) que a seguir se relacionan:

– Unha praza de traballador/a social, persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Tres prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de operario de servizos múltiples, persoal funcionario, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Dúas prazas de socorrista, persoal laboral fixo descontinuo, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos cando proceda de conformidade co establecido nas bases.

Paradela, 31 de decembro de 2022

José Manuel Mato Díaz
Alcalde