Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da convocatoria do proceso para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de letrado/a asesor/a xurídico/a.

No Boletín Oficial da provincia número 247, do 28 de decembro de 2022, publicáronse as bases do proceso selectivo convocado para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de letrado/a asesor/a xurídico/a.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 4 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía do 16.4.2021, Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021, Resolución da Alcaldía do 6.9.2022 e Acordo Xunta de Goberno Local do 8.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal