Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de corrección das bases xerais, das bases específicas e das convocatorias dos procesos selectivos das prazas incluídas na oferta pública de emprego de estabilización do emprego público.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 10.12.2022, número 281, publícanse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos incluídos na OPE de estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria.

Publicouse o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 240, do 20.12.2022, e no Boletín Oficial del Estado número 307, do 23.12.2022; esta última publicación abriu o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 18.1.2023, número 014, publícanse as correccións das bases xerais dos procesos selectivos incluídos na OPE de estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria, así como as correccións das bases específicas dunha praza de psicólogo/a, dunha praza de orientador/a laboral e dunha praza de director/a.

De conformidade co previsto nas referidas bases, ábrese un novo prazo para a presentación de solicitudes respecto das prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Sarria, de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no Boletín Oficial del Estado, con indicación de que as solicitudes presentadas desde o día seguinte ao da primeira publicación (Boletín Oficial do Estado número 307, do 23.12.2022) serán admitidas sen necesidade de achegar de novo a documentación.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 18 de xaneiro de 2023

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde