Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 3 de febreiro de 2023 Páx. 11570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de corrección das bases xerais dos procesos selectivos incluídos na oferta de emprego para a estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, así como de corrección das bases específicas dunha praza de auxiliar xerocultor/a, polo sistema de concurso-oposición, e de seis prazas de auxiliares xerocultor/as, polo sistema de concurso.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 16.12.2022, número 286, publícanse integramente as bases xerais, as bases específicas e as convocatorias dos procesos selectivos incluídos na oferta de emprego para a estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

Publicouse o extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 247, do 29.12.2022, e no Boletín Oficial del Estado número 310, do 27.12.2022; esta última publicación abriu o prazo de 20 días naturais para a presentación de instancias.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 24.1.2023, número 019, publícanse as correccións das bases xerais dos procesos selectivos incluídos na oferta de emprego para a estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, así como as correccións das bases específicas dunha praza de auxiliar xerocultor/a, polo sistema de concurso-oposición, e de seis prazas de auxiliares xerocultor/as, polo sistema de concurso.

De conformidade co previsto nas referidas bases, ábrese un novo prazo para a presentación de solicitudes respecto das prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do extracto no Boletín Oficial del Estado, con indicación de que as solicitudes presentadas desde o día seguinte ao da primeira publicación (Boletín Oficial del Estado número 310, do 27.12.2022) serán admitidas sen necesidade de achegar de novo a documentación.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 24 de xaneiro de 2023

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde