Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2023 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Tacón III e Manu III.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Tacón III e Manu III e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 13 de decembro de 2022, Francisco Javier Aguín Magdalena solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Tacón III e Manu III.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Proameixa Fernández, S.L. (B70015821), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Tacón III.

Situación:

Cuadrícula nº: 18.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis) e, con carácter temporal e experimental, ostra rizada (Magallana gigas).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 16.1.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Manu III.

Situación:

Cuadrícula nº: 131.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis) e, con carácter temporal e experimental, ostra rizada (Magallana gigas).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 21.9.1979.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Francisco Javier Aguín Magdalena (***5741**) e María Carmen Doce Fernández (***8792**).

Nova titular: Proameixa Fernández, S.L. (B70015821).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de xaneiro de 2023

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo