Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación da resolución pola que se denega a prórroga da concesión administrativa a un parque de cultivos mariños na praia da Graña, no Grove (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación e non podéndose practicar ao ser devolta polo servizo de Correos coa indicación de «falecido/a», ante a posibilidade de existencia de persoas interesadas descoñecidas, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo a resolución ditada pola xefa territorial da Consellería do Mar en Vigo, por delegación da conselleira, o 22 de decembro de 2022, pola que se lle denega a Gabriel Bea Alfonso a prórroga da concesión administrativa dun parque de cultivos mariños na praia da Graña, no Grove (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial do Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas no Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Vigo, 23 de xaneiro de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Persoas interesadas

Acto que se notifica

Posibles persoas herdeiras descoñecidas de Gabriel Bea Alfonso e María Belén Bea Rodríguez

Resolución do 22.12.2022