Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11886

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2023 polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 18 de xaneiro de 2023, pola que se convoca, para a contratación laboral indefinida, o proceso de selección para a cobertura de diversas prazas.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 209/2022, do 17 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co obxecto da posta en marcha e do funcionamento de novos servizos públicos; na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, de acordo co establecido nos artigo 12 e 13 do Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas e, en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de enxeñeiro/a, dunha praza de titulado/a superior experto/a en garantía de calidade, dúas prazas de titulados/as superiores expertos/as en terapias celulares e dúas prazas de técnicos/as de laboratorio de terapias celulares para a contratación laboral indefinida no novo servizo público que prestará o Centro de Fabricación de Inmunoterapias Celulares Avanzadas da Unidade de Produción de Fármacos, situado en Santiago de Compostela.

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en: www.sergas.es (Recursos Humanos/Emprego público/Outros procesos selectivos/Galaria).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.