Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11884

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballeda de Valdeorras

ANUNCIO das bases e convocatoria das prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, segundo a Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria e proceso selectivo das prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal, segundo a Lei 20/2021, aprobadas mediante a Resolución da Alcaldía Presidencia do 26 de decembro de 2022. No BOP de Ourense núm. 6, do 9 de xaneiro de 2023 e no BOP núm. 10, do 13 de xaneiro de 2023, publicáronse as emendas dos erros advertidos no anuncio da publicación no BOP de Ourense núm. 299, do 31 de decembro de 2022, das bases e convocatoria do proceso selectivo das referidas prazas.

As prazas de persoal laboral fixo mediante o procedemento de estabilización de emprego temporal que se convocan son as seguintes:

A) Prazas correspondentes aos procesos de estabilización do emprego temporal previsto no artigo 2.1 da lei, con sistema de selección mediante concurso-oposición:

– 3 prazas de auxiliar de axuda a domicilio, con prestación a tempo parcial (1 praza con 30 horas/semana; 1 praza con 33 horas/semana e 1 praza con 5 horas/semana).

– 1 praza de auxiliar administrativo, a xornada completa.

B) Prazas correspondentes ao proceso de estabilización do persoal laboral incluído na disposición adicional sexta da Lei 20/2021, con sistema de selección mediante concurso:

– 2 prazas de auxiliar de axuda a domicilio, con prestación a tempo parcial (1 praza con 20 horas/semana e 1 praza con 32 horas/semana).

– 1 praza de encargado/a de aula do punto de atención á infancia de Sobradelo, con prestación a xornada completa.

– 1 praza de auxiliar de xardín de infancia do punto de atención á infancia de Sobradelo, con prestación a xornada completa.

– 3 prazas de peón de servizos de limpeza viaria, con prestación de xornada a tempo parcial (1 praza con xornada de 30 horas/semana, de luns a venres; 1 praza con xornada de 20 horas/semana, de luns a venres, e 1 praza con xornada de 9 horas/semana (luns, mércores e venres).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Carballeda de Valdeorras, 16 de xaneiro de 2023

Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa presidenta