Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2023 Páx. 11883

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cambre, aprobado inicialmente o 1 de decembro de 2022, así como o seu expediente, poderán ser consultados nas dependencias deste concello, de luns a venres, das 8.00 ás 15.00 horas, durante o prazo de dous meses contado desde a publicación do anuncio da súa aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023.

Se se precisa asistencia técnica municipal para a súa consulta, o horario manterase das 10.00 ás 13.30 horas e durante o mesmo prazo, e será necesario para iso a solicitude de cita previa.

Cambre, 26 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (RA 1323/2019, do 1 de xullo)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Obras