Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12187

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da convocatoria de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 247, do 28 de decembro de 2022, así como na sede electrónica do Concello de Caldas de Reis, publicouse integramente a convocatoria e as bases que rexerán os procesos selectivos para cubrir mediante o sistema de promoción interna as seguintes prazas:

Unha praza de xefe de servizo de obras, laboral.

Unha praza de albanel-responsable operativo, laboral.

Publícase un extracto da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica da Corporación.

Caldas de Reis, 28 de decembro de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente