Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12188

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de técnico de prevención de riscos laborais.

No BOP núm. 238, do 19 de decembro de 2022, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de persoal técnico de prevención de riscos laborais.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do concello, ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de xaneiro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María Teresa Deus Trasobares
Concelleira delegada da Área de Facenda e Patrimonio,
Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo,
Estatística e Edusi