Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Parada de Sil

ANUNCIO de modificación da oferta de emprego público extraordinaria 2022 para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Decreto de Alcaldía 2023-0003 do 12.1.2023 aprobouse a rectificación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización do emprego temporal do Concello de Parada de Sil, aprobada inicialmente mediante Decreto de Alcaldía 2022-0070 do 26.5.2022, correspondente ás prazas que se relacionan e que son definitivamente aprobadas:

Persoal laboral

Denominación da praza

Grupo

Número prazas

Xornada

Sistema de acceso

Auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar

5

2

Parcial

Concurso (1)

Concurso-oposición (1)

Limpadora de edificios municipais

5

1

Parcial

Concurso

Técnico de Turismo (fixo/a descontinuo 9 meses)

2

1

Completa

Concurso

Auxiliar de Información Turística (fixo/a descontinuo 9 meses)

5

1

Completa

Concurso

Chofer/condutor

5

1

Completa

Concurso

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interporse alternativamente ben recurso potestativo de reposición ante o alcalde, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Parada de Sil, 16 de xaneiro de 2023

Aquilino Domínguez Díaz
Alcalde