Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12192

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes de persoal funcionario e de persoal laboral fixo, incluidas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal para o ano 2022.

As bases xerais e específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as seguintes prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo, incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Redondela para o ano 2022 (Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 100, do 26.5.2022) publicáronse integramente no BOPPO núm. 7, do 11.1.2023.

Persoal funcionario:

– 1 praza de técnico/a de xestión, encadrada na escala da Administración xeral; subescala xestión; clase media; grupo A; subgrupo A2, polo sistema de concurso-oposición libre.

– 1 praza de auxiliar da Administración xeral, a tempo parcial, encadrada na escala da Administración xeral; subescala auxiliar; grupo C, subgrupo C2, polo sistema de concurso.

Persoal laboral fixo:

– 1 praza de oficial condutor/a, a tempo completo, equiparada ao grupo C, subgrupo C2 da función pública, categoría oficial, polo sistema de concurso-oposición libre.

– 3 prazas de profesores/as de piano, a tempo parcial (27, 20 e 10 horas semanais), equiparadas ao grupo A2 da función pública, polo sistema de concurso.

Redondela, 12 de xaneiro de 2023

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa