Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria do concurso de méritos para a estabilización do emprego temporal de longa duración.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 243, de data do 22 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de novembro de 2022, da convocatoria excepcional do concurso de méritos para a estabilización do emprego temporal 111 prazas estruturais vacantes incursos nos supostos das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro (estabilización de emprego temporal de longa duración).

O prazo de presentación de instancias solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vilagarcía de Arousa, 11 de xaneiro de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente