Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 7 de febreiro de 2023 Páx. 12194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria do concurso-oposición para a estabilización do emprego temporal das prazas estructurais vacantes.

No Boletín Oficial de la provincia de Pontevedra número 243, de data do 22 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 30 de novembro de 2022, da convocatoria do concurso-oposición para a estabilización do emprego temporal das prazas estruturais vacantes, segundo o previsto no artigo 21 da Lei 20/2021, do 28 de decembro (estabilización de emprego temporal).

O prazo de presentación de instancias, solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vilagarcía de Arousa, 11 de xaneiro de 2023

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente