Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12467

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade e se notifican as axudas concedidas e denegadas ao abeiro da Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR321A).

De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Por todo o indicado,

RESOLVO:

Dar publicidade e notificar as axudas concedidas e denegadas ao abeiro da Orde do 24 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR321A) que figuran nos anexos I e II respectivamente, unha vez resoltas con data do 29.12.2022 as solicitudes achegadas.

A aprobación realizouse no exercicio 2022 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.481.1 (proxecto 2013.00635) dotada con 600.000 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e ten como finalidade realizar actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da notificación da resolución de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2023

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº de expediente

NIF

Beneficiario/a

Importe

MR321A_2022_001

G94111689

Xestión Rural de Galicia

24.132,48 €

MR321A_2022_002

G94114675

Asociación Agraria de Galicia (Asaga)

115.239,96 €

MR321A_2022_003

G32442204

Asociación Agromacen Agrogandeira do Macizo Central

34.095,83 €

MR321A_2022_005

G15115322

Unións Agrarias-UPA

280.844,53 €

MR321A_2022_008

G27023951

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

109.155,47 €

MR321A_2022_010

G27465095

Asociación Xestión Agrogandeira-Galega (Xeagro)

36.531,73 €

ANEXO II

Axudas denegadas

Nº de expediente

NIF

Entidade

Causas de denegación

MR321A_2022_004

G27256494

Agrupación de Produtores e Produtoras de Carne de Alta Montaña (Aprocam)

1, 2

MR321A_2022_006

G36332625

Asociación Montes Baixos

1, 2

MR321A_2022_007

G70153945

Terras de Valcarce

2

MR321A_2022_009

G32286783

Asociación Cultural Labrega Terras de Ourense

2

MR321A_2022_011

G15476286

Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica)

2

MR321A_2022_012

G70237904

Federación Rural Galega-Fruga

1

1. Incumpre o artigo 3.2 das bases reguladoras, que indica que son entidades beneficiarias as asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións. Non consta de alta no citado código de actividade no Rexistro de Asociacións nin en ámbito autonómico nin en ámbito provincial.

2. Non cumpre o indicado no artigo 4.2 da orde reguladora, pois unicamente cumpre un dos requisitos (estar inscrita no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia). Non conta con representantes da parte produtora non asociada a cooperativas nos consellos reguladores, os expedientes tramitados da PAC non chegan ao 1 % e non prestou servizos de formación agroforestal durante o ano 2022 como entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural.