Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12551

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, de sete persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro).

Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro); visto o Acordo do 13 de decembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, polo que se dá publicidade das sete novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 241, do 21 de decembro), e realizado o acto de elección de destino provisional previsto na Resolución do 17 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e demais normas concordantes,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv

79

***1027**

Rouco Vázquez, Begoña

8

EIC992090115230004

Posto base subgrupo C1

EM

Oficina de Emprego de Cee

Servizos periféricos

Cee

C1

14

80

***5676**

Novoa Vázquez, Rosa María

19

PSC020000015770031

Posto base subgrupo C1

PS

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1

14

81

***6137**

Regueira Fernández, Noemí

10

MAC040000015770028

Xefatura grupo

MA

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Santiago de Compostela

C1-C2

14

82

***8380**

Martín Vicente, José Manuel

18

SAC020000115770015

Xefatura grupo

SA

Vicesecretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1-C2

14

83

***7734**

Domínguez Castro, Mª del Carmen

20

PSC050000315770003

Secretario/a

do/da subdirector/a xeral

PS

S. X. de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela

C1-C2

16

84

***6652**

García Formoso, Diana

7

EIC030000215770015

Xefatura grupo

EI

S. X. de Administración Industrial

Secretaría Xeral de Industria

Santiago de Compostela

C1-C2

14

85

***7290**

Vázquez Martínez, María

17

MRA110000215770011

Xefatura grupo

MR

Xerencia

Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal)

Santiago de Compostela

C1-C2

14