Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12554

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2023 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou por calquera dos medios que establece o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades resolverá esta convocatoria. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar algún posto de traballo dos que se anuncian no anexo I desta resolución un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, que se considerará favorable de non emitirse no prazo de quince días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se, no prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se resolva a convocatoria, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar a Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderá procederse de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do posto adxudicado será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades

ANEXO I

Denominación

Código

Nivel

Compl. específico

Gr.

Corpo/escala

Adscr.
adm. P.

Formación específica

Centro destino

Localidade

Subdirector/a xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

ED.401.00.004.15770.001

30

24.428,04 €

A1

Xeral/docente

A17

640

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

ED.401.00.002.15770.001

30

24.428,04 €

A1

Xeral/docente

A17

640

Dirección Xeral de Formación Profesional

Santiago de Compostela

Subdirector/a xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

ED.401.00.003.15770.001

30

24.428,04 €

A1

Xeral/docente

A17

640

Dirección Xeral de Formación Profesional

Santiago de Compostela

Adscrición a administracións públicas:

A17: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Formación específica:

640: para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (requisito indispensable).

missing image file