Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12601

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Lugo

ANUNCIO de corrección de erros do Anuncio do 30 de decembro de 2022 da convocatoria de concurso público para a cobertura de dúas prazas de persoal laboral correspondentes ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público, aprobadas mediante o Decreto 79/2022, do 25 de maio (Diario Oficial de Galicia número 102), da Consellería de Facenda e Administración Pública, como oferta pública extraordinaria de emprego.

Advertidos erros no devandito anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

No último parágrafo do anuncio, na páxina 67435, onde di: «As bases estarán dispoñibles no enderezo www.pfclugo.com e o prazo de entrega de solicitudes finalizará aos quince días naturais seguintes ao da data da súa publicación», debe dicir: «As bases estarán dispoñibles no enderezo www.pfclugo.com a partir do día 13 de febreiro de 2023 e o prazo de entrega de solicitudes finalizará aos vinte días hábiles seguintes ao da data da súa publicación».

Lugo, 18 de xaneiro de 2023

Rubén López Fernández
Xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo