Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12599

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de modificación da base segunda do anexo XIII das bases específicas da convocatoria do proceso de estabilización de emprego (responsable da Oficina Municipal de Información Xuvenil/educador/a).

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 287, do 17 de decembro de 2022, convocáronse procesos selectivos e publicáronse integramente as bases xerais e específicas para a estabilización do emprego temporal de longa duración do Concello de Xinzo de Limia, ao abeiro da disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante sistema de concurso de méritos, para a provisión das prazas correspondentes á oferta de emprego público excepcional aprobada polo Decreto de Alcaldía do 18 de maio de 2022, publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 115,, do 21 de maio.

Así mesmo publicouse extracto de anuncio da dita convocatoria no DOG nº 242, do 22 de decembro de 2022, e no BOE nº 2, do 3 de xaneiro de 2023.

Presentado recurso de reposición en relación coa praza de responsable da OMIX/EDUCADOR/A B21, en que se solicitaba que se admitisen como aspirantes ao proceso de provisión da citada praza as persoas tituladas en Educación Social ou habilitadas profesionalmente para o exercicio desta profesión, o recurso foi estimado mediante a Resolución de Alcaldía do 27 de xaneiro 2023.

Publícase anuncio en relación coa corrección da base segunda do anexo XIII das bases específicas para a estabilización do emprego temporal de longa duración do Concello de Xinzo de Limia, relativo á praza estrutural de responsable da OMIX/EDUCADORA, B 21, de modo que este anexo recollerá como requisito de admisión das personas aspirantes o seguinte: «a. Estar en posesión, ou en condicións de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, ben o título de grao que habilite para o exercicio da profesión de mestre ou diplomatura de mestre en calquera das súas especialidades, ou diplomatura en profesorado de educación xeral básica ou mestres de primeira ensinanza ou equivalente, ou ben o título de diplomado ou grao en Educación Social ou habilitación para o exercicio da profesión de educador/a social» , coa conservación dos restantes actos recollidos na convocatoria e nas bases non afectados pola modificación realizada. O texto íntegro da resolución de estimación do recurso e conseguinte modificación do anexo XIII das bases específicas foi publicado no Boletín Oficial da provincia de Ourense, nº 26, do mércores 1 de febreiro de 2023.

Así mesmo, infórmase de que se iniciará un novo prazo de presentación de instancias de vinte días naturais, unicamente en relación coa praza afectada pola resolución do recurso en sentido estimatorio (responsable OMIX/EDUCADORA, B 21), e que o dito prazo comezará a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado do extracto de anuncio en relación con esta modificación do anexo XIII das bases específicas. Sen prexuízo do indicado, serán admitidas ao proceso de estabilización as solicitudes dos/ das aspirantes que fosen presentadas durante o prazo inicial, sempre que cumpran cos requisitos establecidos.

Xinzo de Limia, 2 de febreiro do 2023

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa