Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo e polo que se dá publicidade das bases xerais dos procesos de estabilización de emprego temporal para a execución da oferta de emprego público extraordinaria 2022, correspondentes a prazas estruturais vacantes de persoal laboral fixo e funcionario, incluídas no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 299, do 31 de decembro de 2022, foron publicadas as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para a selección e provisión de diversas prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo no marco dos procesos de estabilización do artigo 2 e das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, e incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Foz, 10 de xaneiro de 2023

Francisco Cajoto Caserío
Alcalde