Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2023 Páx. 12591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO da convocatoria para a selección e provisión de varias prazas no marco dos procesos de estabilización do artigo 2 da Lei 20/2021 e incluídas na oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 299, do 31 de decembro de 2022, foron publicadas as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para a selección e provisión de diversas prazas vacantes de persoal funcionario e laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, no marco dos procesos de estabilización do artigo 2 da Lei 20/2021 e incluídas no oferta de emprego público extraordinaria do ano 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Foz, 10 de xaneiro de 2023

Francisco Cajoto Caserío
Alcalde