Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12919

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de decembro pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021.

No DOG núm. 246, do 28 de decembro, publicouse o Anuncio do 20 de decembro de 2022 polo que se fai pública a convocatoria e bases específicas para a oferta extraordinaria de emprego público 2022, para a estabilización de emprego en Portos de Galicia.

1. Ante as dúbidas xurdidas na interpretación das titulacións segundo os postos recollidos no anexo II das bases da convocatoria, faise a seguinte corrección:

Celador-gardapeiraos: titulación bacharelato, FP II ou equivalente.

Condutor-conserxe: titulación bacharelato, FP II ou equivalente.

Auxiliar administrativo: titulación ESO, técnico ou equivalente.

Técnico en comunicación e relación externas: titulación grao ou licenciado en Periodismo.

Xefe de unidade: titulación de grao ou licenciado en Dereito.

Xefe zona sur: titulación de Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos.

Axudante topógrafo: titulación FP II técnico superior DPU e OT.

2. Reagrúpanse os postos do grupo III celador-gardapeiraos que pasan a ser 11.

3. Amplíase o prazo indicado na base 1.3.2 da convocatoria ata o día 17 de febreiro de 2023 (incluído).

4. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a presidenta de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia