Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12921

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve o segundo concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de pediatría e de saúde mental.

O Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, establece na disposición transitoria segunda un procedemento específico de acceso á categoría de enfermeiro/a especialista, nos termos previstos no artigo 34 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no artigo 25.3 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Para estes efectos, o Decreto 81/2016 establece que se realizará convocatoria diferenciada para o acceso, polo sistema de concurso, á categoría e prazas de enfermeiro/a especialista, aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de enfermaría con vínculo de fixeza que desempeñe ou desempeñase no Servizo Galego de Saúde as funcións propias de cada especialidade e acredite o título da correspondente especialidade de enfermaría.

Mediante a Resolución do 4 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 113, do 11 de xuño), realizouse a primeira convocatoria diferenciada para o acceso, polo sistema de concurso, á categoría e prazas de enfermeiro/a especialista na especialidade de enfermaría pediátrica. A citada resolución establecía que o resto de prazas da especialidade de pediatría que poidan ser obxecto de procedemento específico de acceso serán ofertadas nun segundo proceso excepcional, que poñerá fin á vía transitoria nesta especialidade.

Pola Resolución do 23 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 83, do 30 de abril), convocouse concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de traballo e de saúde mental. Na Mesa Sectorial, na sesión que tivo lugar 1 de febreiro de 2022, acórdase a realización dun segundo concurso específico na Área Sanitaria de Vigo na especialidade de saúde mental.

Convocado o segundo concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de enfermaría pediatría e saúde mental pola Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 35, do 21 de febreiro), recibidas as propostas de aspirantes seleccionados realizadas polas comisións avaliadoras de conformidade co previsto nas bases terceira e cuarta da Resolución do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 63, do 2 de abril), pola que se aproban as bases do procedemento do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar finalizado o segundo concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista nas especialidades de enfermaría pediátrica e de saúde mental, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 14 de febreiro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 35, do 21 de febreiro).

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de enfermaría pediátrica e na especialidade de saúde mental, aos/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen nos anexos I e II desta resolución.

Terceiro. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes a praza correspondente que figura nos indicados anexos.

Cuarto. De conformidade co previsto na base cuarta da Resolución do 21 de marzo de 2018, o nomeamento terá efecto o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os aspirantes seleccionados poderán solicitar o paso á situación de excedencia por prestación de servizos no sector público na categoría de orixe ou na obtida neste proceso.

Quinto. En aplicación do establecido na base primeira da Resolución do 21 de marzo de 2018, resultan excluídas deste proceso as aspirantes María Isabel Muñoz Barreiro, con DNI ****017**, e María Ermitas Caamaño Barge, con DNI ****911**, dado que non posúen neste momento a condición de persoal estatutario fixo.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir da mesma data.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Persoal enfermeiro especialista especialidade de enfermaría pediátrica

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

***8085**

Eiras Fernández, Luz

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***9300**

Figueira Vicente, Manuela

A.S. A Coruña e Cee

Ventorrillo O

Tarde

A Coruña

***8069**

López Bolaño, Carmen

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***6933**

Nieto Caamaño, Úrsula

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***8532**

Otero Saborido, María Remedios

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***8058**

Vázquez Vázquez, Josefa

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***6579**

Vidal Robelo, Francisca

A.S. A Coruña e Cee

Casa do Mar, A

Mañá

A Coruña

***0814**

Vilas Riadigos, Rosa María

A.S. A Coruña e Cee

C.H. Universitario A Coruña

-

A Coruña

***2550**

Castiñeira Rodríguez, Magdalena

A.S. Ferrol

C.H. Universitario de Ferrol

-

Ferrol

***4347**

De la Cruz Fernández, María Dolores

A.S. Ferrol

C.H. Universitario de Ferrol

-

Ferrol

***6658**

Fuertes de Castro, Mónica

A.S. Ferrol

C.H. Universitario de Ferrol

-

Ferrol

***1207**

Fraga Rexes, Josefa

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte

H. Público da Mariña

-

Burela

***0281**

Jiménez Díaz, Lidia Raquel

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte

C.H. Universitario de Lugo

-

Lugo

***4648**

Pérez Arias, María del Carmen

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte

A Milagrosa

Mañá

Lugo

***4632**

Pérez Rodríguez, Josefa

A.S. Lugo, A Mariña e Monforte

C.H. Universitario de Lugo

-

Lugo

***2927**

Álvarez Vidal, Dolores

A.S. Ourense, Verín e O Barco

C.H. Universitario de Ourense

-

Ourense

***8970**

Rivera Rodríguez, María Elvira

A.S. Ourense, Verín e O Barco

N. Santos/O Couto

Mañá

Ourense

***2599**

Rojo Míguez, Pilar

A.S. Ourense, Verín e O Barco

C.H. Universitario de Ourense

-

Ourense

***9452**

Morigosa Galiano, María Concepción

A.S. Pontevedra e O Salnés

C.H. Universitario de Pontevedra

-

Pontevedra

***6802**

Rubianes Méndez, Inmaculada

A.S. Pontevedra e O Salnés

C.H. Universitario de Pontevedra

-

Pontevedra

***1228**

Martínez Martínez, Lorena

A.S. Santiago e Barbanza

C.H. Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***9093**

Oca Abelleira, Susana

A.S. Santiago e Barbanza

C.H. Universitario de Santiago

-

Santiago de Compostela

***5238**

Pais López, María

A.S. Santiago e Barbanza

Ames-Bertamiráns

Mañá

Ames

***5418**

Pena Duro, María Rocío

A.S. Santiago e Barbanza

Concepción Arenal 1

Mañá

Santiago de Compostela

***5524**

Bugarín Puime, María Jesús

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo

***9002**

Calzadilla Eugui, M. Paula

A.S. Vigo

Rúa Cuba

Tarde

Vigo

***9351**

Marquínez Lacalle, Pilar

A.S. Vigo

López Mora I

Mañá

Vigo

***2721**

Moure Fernández, Laura del Carmen

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo

***5790**

Reboreda Rivera, Mónica

A.S. Vigo

Lavadores

Desprazable

Vigo

***1109**

Rodríguez López, Rosa

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo

***5717**

Rodríguez Mínguez, Paula

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo

***3520**

Villar Sueiro, Patricia

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo

ANEXO II

Persoal enfermeiro especialista especialidade de saúde mental

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Quenda

Concello

***3763**

López Troncoso, José Miguel

A.S. Vigo

C.H. Universitario de Vigo

-

Vigo