Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12725

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento SI427D).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 27 de xaneiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

No anexo II, na páxina 9527, no logo onde di: «FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA», debe dicir: «CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE».

Nos anexos III, IV e V, nas páxinas 9528 a 9530, no logo onde di: «CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE», debe dicir: «CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE».