Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2023 Páx. 12723

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 1 de febreiro de 2023 pola que se autoriza o cambio de denominación específica do CIFP Fermín Bouza Brey, do concello de Vilagarcía de Arousa.

De conformidade co previsto no artigo 2.1 do Decreto 77/2011, do 7 de abril, polo que se establece o Regulamento orgánico dos centros integrados de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 90, do 10 de maio), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Cambio de denominación

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Código: 36013771.

Denominación actual: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Fermín Bouza Brey.

Nova denominación: Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Fontecarmoa.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades