Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO das bases xerais e específicas para a provisión de varias prazas para a estabilización do emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Pontevedra núm. 240, do 19 de decembro de 2022, e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 249, do 30 de decembro de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas que rexeran o proceso selectivo para cubrir varias prazas: unha praza de auxiliar administrativo/a a tempo parcial da Secretaría do xulgado, mediante o sistema de concurso-oposición, e das seguintes prazas por concurso: un/unha oficial/a de primeira fontaneiro/a, dous oficiais de primeira albaneis, un/unha técnico/a de ambiente, dous auxiliares administrativos/as, un/unha limpador/a a tempo parcial, dous peóns/peoas, dous encargados/as do pavillón a tempo parcial, un/unha auxiliar administrativo/a da Secretaría do xulgado a tempo parcial, dous auxiliares de axuda no fogar, un auxiliar de axuda a domicilio a tempo parcial, un/unha informador/a xuvenil, un axente de emprego e un/unha asistente/a social, incluídas na OEP extraordinaria de estabilización do ano 2022 do Concello de Cerdedo-Cotobade, cuxas características e bases se encontran publicadas no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Cerdedo-Cotobade: https://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cerdedo-Cotobade, 5 de xaneiro de 2023

Jorge Cubela López
Alcalde