Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO das bases específicas que rexerán o proceso de selección por promoción interna das prazas da oferta pública de emprego de 2019.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 243, do 26 de decembro de 2022, publícanse integramente as bases específicas que rexerán o proceso de selección por promoción interna das prazas de funcionarios da OPE 2019 do Concello de Outes, que se relacionan a seguir:

Descrición

Núm. de prazas

Grupo/subgrupo

Técnico/a auxiliar de biblioteca

1

C/C1

Educador/a familiar

1

A/A2

Técnico/a de cultura e mocidade

1

A/A2

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación das solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o anuncio das bases específicas da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso publicaranse nos lugares previstos na base terceira das anteditas bases.

Outes, 3 de xaneiro de 2023

Manuel González López
Alcalde