Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13314

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se propón o nomeamento dunha nova persoa aspirante.

Na sesión que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro), modificada pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primero. Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2022 (publicada no DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), este tribunal acordou elevar ao director xeral da Función Pública a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para que elaborase a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia das persoas que figuraban nela. Esta resolución foi modificada polo Acordo do 11 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro).

Nesta resolución, de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, establécese que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que constan no anexo da devandita resolución disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. O 7 de febreiro de 2023, mediante escrito da Dirección Xeral da Función Pública, requíreselle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que a que figuraba no número 11, Encarnación Alejandra Gutiérrez Iglesias (con NIF ***0154**), resultou excluída por non acreditar a posesión de todos os requisitos exixidos na convocatoria.

De conformidade coa base II.3 da convocatoria, a orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou da toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración ca as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

Terceiro. Con base no anterior, este tribunal acorda facer pública, como anexo a esta resolución, unha persoa aspirante que superou o proceso selectivo, coas puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade, que ocupa a posición 37 na orde de persoas aspirantes aprobadas, e procede a renumerar a orde a partir do posto número 11. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que a persoa que figura nela sexa proposta para o seu nomeamento como funcionaria de carreira.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

María Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal

ANEXO

Aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso na escala
de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina,
de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1

Nº orde

Acceso

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

37

Libre

***6602**

Barbeito

Soriano

Josefa

34,90

Exenta

12,20

47,10