Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13312

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se exclúe unha aspirante no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

No DOG núm. 212, do 7 de novembro de 2019, publicouse a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Resolución do 21 de decembro de 2022 (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), o tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, fixo pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo; que foi modificada polo Acordo do 11 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro). O acordo primeiro desta resolución establece que, de conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación prevista na citada base.

A base I.4.2 da convocatoria dispón que cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen ningún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

Unha vez rematado o prazo para a presentación da documentación prevista na base IV.2, e revisada a documentación que achegan todas as persoas aspirantes, compróbase que a aspirante Encarnación Alejandra Gutiérrez Iglesias (con NIF ***0154**) non acredita a posesión de todos os requisitos exixidos pola convocatoria.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Excluír a aspirante Encarnación Alejandra Gutiérrez Iglesias (con NIF ***0154**) do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, por non acreditar a posesión de todos os requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública