Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13067

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

BDNS (Identif.): 673728.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/
bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3 as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas, para implantar sistemas de xestión de RSE (TR357B), a igualdade laboral (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase un millón catrocentos mil euros (1.400.000 €), de acordo coa seguinte distribución:

Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade: catrocentos mil euros (250.000 €).

Liña II. Conciliación: un millón cincuenta mil euros (1.050.000 €).

Subliña 1. Incentivos para o fomento do teletraballo: cento cincuenta mil euros (150.000 €).

Subliña 2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria: setecentos mil euros (700.000 €).

Subliña 3. Investimentos: douscentos mil euros (200.000 €).

Liña III. Certificacións RSE: cen mil euros (100.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2022

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade