Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13069

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2023 (código de procedemento TR331A).

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través do Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, esta consellería e, en concreto, a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación asume o exercicio das competencias e funcións, en materia de intermediación e orientación laboral, promoción da empregabilidade e formación profesional para o emprego e, singularmente, o deseño, planificación e execución das medidas dirixidas á prestación dos servizos previstos na Carteira Común de Servizos do Sistema nacional de emprego na Estratexia Española de Activación para o Emprego.

Con base no exposto, correspóndelle a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as que están as medidas dirixidas, por unha banda, a fomentar a creación de emprego de calidade e, por outra, incrementar a empregabilidade das persoas desempregadas, mellorando as condicións do mercado de traballo, prestando especial atención aos colectivos con especiais dificultades de inserción, no marco do respectivo Plan anual de política de emprego (PAPE) e no eido da colaboración institucional entre o goberno galego e os axentes económicos e sociais de Galicia.

Esta regulamentación autonómica é posible á vista do novo enfoque que dá ao deseño e á xestión das políticas activas de emprego o número 3 do artigo 36 do texto refundido da Lei de emprego, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, do que resulta que as comunidades autónomas están habilitadas para o deseño e execución de novos programas e servizos de políticas activas de emprego adaptadas ás peculiaridades e características dos seus mercados de traballo locais que, en todo caso, deberán preverse no respectivo Plan anual de política e emprego (PAPE).

Os elementos que caracterizan o programa de orientación laboral que prestarán as entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde concordan cos definidos no Real decreto 7/2015, do 16 de xaneiro, polo que se aproba a Carteira Común de Servizos do Sistema nacional de emprego. Desta maneira, configúrase un programa autonómico nesta materia, que a Xunta de Galicia incluirá no correspondente Plan anual de política de emprego (PAPE) no eixe 1.

Este programa caracterízase en Galicia pola adopción dun modelo de orientación aberta que, baseándose no traballo en rede do persoal orientador, procura unha maior implicación, compromiso e protagonismo da persoa demandante na configuración, execución e mellora do seu propio proceso de busca activa de emprego.

Así mesmo, o Real decreto 818/2021, do 28 de setembro, polo que se regulan os programas comúns de activación para o emprego do Sistema nacional de emprego, consolida e reforza a orientación individualizada por medio de persoal orientador cualificado, establecendo na sección 1ª, subsección 1ª, as características esenciais do programa de orientación profesional para o emprego e autoemprego.

Por outra banda, e de conformidade co Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da comunidade autónoma, para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, esta orde establece criterios de valoración específicos para aqueles proxectos de xestión compartida ou fusión municipal que representen un aforro de custos e unha xestión máis eficaz no desenvolvemento das accións de orientación laboral subvencionadas.

Por último, requírese o uso de medios telemáticos de cara á presentación da solicitude e realización dos trámites administrativos do procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo coa Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, que regula o réxime xurídico da utilización dos medios electrónicos por parte do sector público galego no desenvolvemento da súa actividade e nas súas relacións coa cidadanía, coas demais administracións públicas e coas empresas e as entidades, as infraestruturas e os servizos do sector público galego, as medidas para o desenvolvemento dixital na sociedade con criterios de inclusión e non-discriminación e os órganos con competencias en relación coa administración dixital. Esta exixencia comporta a necesaria obtención por parte das persoas representantes legais das entidades, cando non dispoñan deles, do DNI electrónico ou certificado electrónico de persoa física da FNMT ou Chave 365.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola do 25 de outubro de 2001.

En consecuencia, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe favorable da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, en virtude das atribucións que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e financiamento

1. Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios de inserción ocupacional personalizados e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego e servizos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2023, no ámbito da colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código de procedemento TR331A).

2. O financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.50.322A.460.4 e 11.50.322A.481.1 (código de proxecto 2015 00524) polos importes máximos de 2.700.000 e 4.184.617 euros, respectivamente, correspondentes a fondos finalistas recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal, ao existir crédito adecuado suficiente no Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia do 18 de outubro de 2022. A concesión da subvención queda sometida á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da comunidade autónoma no momento da resolución de concesión, conforme o disposto no artigo 25.2 do RLSG. Todos os actos de trámite ditados no expediente se entenderán condicionados a que no momento de ditarse a resolución de concesión subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron os ditos actos.

3. Os importes máximos recollidos no parágrafo anterior poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos finalistas para o financiamento dos programas e servizos en materia de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais, así como nos supostos previstos nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia, logo da aprobación, se é o caso, da modificación orzamentaria que proceda. Os incrementos de crédito serán obxecto da oportuna publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Entidades beneficiarias. Requisitos

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que, por si soas ou asociadas entre concellos, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2022 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración.

b) As confederacións e asociacións empresariais e as organizacións sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.

c) As seguintes entidades sen ánimo de lucro, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras:

– Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade.

– Entidades especializadas en atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de risco de exclusión social (persoas en procesos de rehabilitación de adiccións, persoas procedentes de cumprimentos de penas penitenciarias, pertencer a unha minoría étnica, muller vítima de violencia de xénero...).

– Entidades non incluídas nas dúas liñas anteriores, que teñan entre as súas finalidades a atención, en xeral, a colectivos de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade.

Todas as entidades que non recibisen subvencións correspondentes a este procedemento en exercicios anteriores deberán xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.

Para os efectos desta orde, entenderase como entidade sen ánimo de lucro aquelas entidades en que concorra a forma xurídica de asociación o fundación segundo a clasificación establecida pola Administración tributaria en relación co número de identificación fiscal (letra G).

2. As entidades solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Dispoñer de locais con espazos diferenciados para a atención individual ás persoas demandantes de emprego e que reúnan as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3 da presente orde. Os locais e espazos deberán atoparse completamente habilitados na data de inicio do período subvencionable.

b) Estar en condicións de habilitar unha conta de correo electrónico que actúe como caixa de correo do servizo (polo que na súa denominación deberá constar, necesariamente, o termo «orientación» e a denominación da entidade), para os efectos de realizar as comunicacións electrónicas coa entidade.

c) Dispoñer dos medios técnicos e materiais para habilitar unha conexión coa Rede corporativa da Xunta de Galicia vía internet. O hardware de comunicación que posibilite a conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo xestor da dita rede.

d) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo TCP/IP. A conexión do ordenador á Rede corporativa da Xunta de Galicia deberá ser exclusiva. A entidade para o seu acceso vía internet deberá dispor dunha ou varias IPS fixas, en caso de ser necesarias. Tanto o software de base instalado como as características do hardware da estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento da aplicación informática cliente do Servizo Público de Emprego de Galicia.

e) Dispoñer de acceso a internet e correo electrónico e aplicar medidas de seguridade de nivel medio no tratamento da información de carácter persoal; as entidades que teñan acceso a datos de nivel alto deberán contar coas medidas de seguridade acordes á información que tratan. Ademais, deberase contar con software antivirus debidamente actualizado e con mantemento periódico en todas as estacións de traballo que teñan acceso á Rede corporativa da Xunta de Galicia.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que incorran nalgunha das prohibicións que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Actividades do servizo de orientación laboral

1. Os servizos de orientación laboral que presten as entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde deberán axustarse para a súa realización ao establecido no artigo 8 do Real decreto 7/2015, do 16 de xaneiro, polo que se aproba a Carteira Común de Servizos do Sistema nacional de emprego, incluíndo as seguintes actividades:

a) Diagnóstico individualizado e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego: comprenderá a atención específica a esta co obxecto de identificar, coa participación e compromiso da persoa demandante, os seus recursos para o emprego, compostos polas súas habilidades, competencias, formación e experiencia, os seus intereses, as súas circunstancias persoais en relación co acceso ao emprego e as posibles oportunidades profesionais, así como outras variables relevantes para a elaboración do seu perfil e a súa clasificación en función da súa dispoñibilidade, da súa ocupabilidade e da súa empregabilidade e da evolución ao longo da súa busca activa de emprego.

b) Deseño do itinerario personalizado para o emprego: consistirá na elaboración coa participación e o compromiso da persoa demandante, conforme as metodoloxías e coas ferramentas que en cada momento se determinen desde a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, do proceso que se considere máis axeitado para o seu acceso ao emprego. Este proceso definirase de acordo co seu perfil e tendo en conta criterios de conciliación da vida familiar, laboral e persoal; a situación do mercado laboral no seu ámbito de busca e as súas necesidades e expectativas, a través de criterios técnicos e estatísticos atendendo a aspectos cuantitativos e cualitativos de relevancia obxectiva, incluíndo as principais actuacións acordadas e o calendario de realización pactado coa persoa demandante, que deberá asumir un papel de protagonismo fundamental en todo o proceso, así como os elementos de verificación e seguimento.

Este itinerario deberá incorporar, polo menos:

1º. A identificación de alternativas profesionais a partir da análise motivada de oportunidades de emprego para a persoa demandante ás cales poida acceder de acordo co seu perfil profesional, coa súa dispoñibilidade persoal para acceder ao emprego e co potencial existente no seu ámbito de procura.

2º. A identificación dun itinerario formativo, cando se precise de acordo co perfil da persoa usuaria, mediante a proposta das accións de formación e/ou acreditación da experiencia profesional que resulten axeitadas para a mellora de competencias e cualificación profesional da persoa usuaria.

3º. A identificación das actuacións de procura activa de emprego que, de acordo co seu perfil, a persoa usuaria se compromete a realizar, así como o seguimento previsto para elas.

c) Acompañamento personalizado no desenvolvemento do itinerario e o cumprimento do compromiso de actividade: consistirá no seguimento individual e personalizado por parte dunha persoa que exerza as funcións de titoría e orientación das actuacións que a persoa usuaria vaia levando a cabo na execución do seu itinerario, a revisión e actualización deste e a fixación e supervisión do cumprimento de fitos, etapas e obrigas. Para isto poderá planificarse, de acordo coa persoa orientada e co seu perfil competencial, o uso de medios telemáticos de entre os postos á disposición pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, para unha interacción mellor e maior, así como máis rápida e continuada coa persoa demandante durante o desenvolvemento do proceso, como complemento ás sesións presenciais acordadas.

d) Deseño, planificación e execución de accións grupais de orientación laboral que poidan ser de interese, en función dos perfís das persoas orientadas, tanto para mellorar a eficiencia do servizo como para fomentar a interrelación e o intercambio de experiencias entre elas.

e) Asesoramento e axuda técnica adicional para:

1º. A definición do seu currículo, que reflicta o seu perfil profesional en termos de competencias profesionais: comprenderá a información e asesoramento persoal, grupal ou xeral ás persoas usuarias, así como a provisión de instrumentos e técnicas de axuda para a elaboración do seu currículo personalizado ou o uso de novas ferramentas de presentación profesional a través do uso das TIC.

2º. A aplicación de técnicas para a procura activa de emprego: terá en conta a provisión de información e manexo básico dos medios, técnicas e ferramentas accesibles para a procura de emprego por conta allea, con especial atención ao uso da internet para a procura de emprego, sempre que o perfil competencial da persoa demandante así o recomende.

f) Información e asesoramento adicional sobre:

1º. A situación do mercado de traballo e as políticas activas de emprego que lles poida resultar de utilidade ás persoas demandantes de emprego para incrementar as súas posibilidades de empregabilidade.

2º. A oferta formativa e os programas que faciliten a mobilidade para a formación e cualificación europeas.

3º. A posta en marcha de proxectos emprendedores ou de emprego autónomo, así como os recursos de apoio de todo tipo dispoñibles no seu contorno para un asesoramento ou acompañamento máis especializado.

g) Apoio á xestión da mobilidade laboral.

h) Coordinación e colaboración co resto de persoal de orientación laboral e coa Rede de técnicos de emprego de Galicia para o intercambio de información e boas prácticas no eido do emprego, o emprendemento, a análise e prospección do mercado laboral e a captación de ofertas de traballo.

i) Mellora continuada das súas propias competencias e recursos profesionais para a orientación laboral a través da participación nas accións de formación e capacitación específicas que se determinen desde a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

2. As entidades que colaboren coa Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación levarán a cabo estas accións cos seus medios propios e nas instalacións habilitadas por cada entidade para o seu desenvolvemento.

No caso de agrupacións de concellos, a atención en locais situados nos distintos municipios da agrupación estará suxeito ao establecido no seu convenio. Todos os locais onde se leven a cabo as funcións de orientación indicadas neste artigo estarán suxeitos ao descrito nos artigos 2.2.a) así como 14.1.e) e 14.2 e 15 desta orde a fin de garantir as condicións mínimas de atención para os demandantes, todo iso sen prexuízo das circunstancias e normativa de carácter xeral aplicable por circunstancias excepcionais. O convenio deberá especificar todos os locais onde se preste o servizo de orientación laboral e a frecuencia dos desprazamentos.

No caso de que, unha vez iniciado o período subvencionado, se produza un cambio de local, deberán someter as actuacións á aprobación previa da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación. Só se autorizarán cambios de local sempre que sexa dentro do mesmo ámbito de prioridade dado na territorialización e regulada no artigo 12.3.D segundo o listaxe indicado no anexo IV.

A Dirección Xeral autorizará, a través do Servizo de Orientación Laboral, o acceso aos medios e ferramentas informáticas dispoñibles no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) para a xestión e o seguimento dos servizos de orientación, así como para a actualización continua das competencias do persoal orientador e para a coordinación do seu traballo en rede co resto de profesionais da orientación laboral e do persoal da Rede de técnicos de emprego de Galicia.

Para tal efecto, as entidades beneficiarias mecanizarán, nas aplicacións informáticas que se poñan á súa disposición, os servizos prestados ás persoas demandantes correspondentes ás tarefas de orientación e elaboración de itinerarios, de acordo co catálogo e código de accións de orientación do SPEG.

3. Serán destinatarias destas accións todas as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, ben cando o soliciten expresamente ben cando lles sexa ofertado polo dito servizo sendo colectivo prioritario, de acordo co previsto no artigo 30 do texto refundido da Lei de emprego aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, as persoas con especiais dificultades de integración no mercado de traballo, especialmente persoas mozas con particular atención a aquelas con déficit de formación, mulleres, con especial consideración ás vítimas de violencia de xénero, persoas paradas de longa duración, maiores de 45 anos, persoas con responsabilidades familiares, persoas con discapacidade ou en situación de exclusión social (en especial, as persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia), e inmigrantes, con respecto á lexislación de estranxeiría, ou outros que se poidan determinar, no marco do Sistema nacional de emprego.

Artigo 4. Contía e modalidades da subvención, período subvencionable e compatibilidade das axudas

1. A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de 27.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.

No caso das entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades estatutarias ou fundacionais e se dediquen prioritaria e habitualmente á realización de actividades de atención a persoas con discapacidade, e en consideración ás especialidades no desempeño dos servizos de orientación que require este colectivo para garantirlle as mesmas posibilidades de atención e utilización dos servizos de orientación laboral en todo o seu territorio de actuación, a contía establecida no parágrafo anterior será de 30.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.

En ambos os casos a citada contía máxima reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, caso en que a prestación de servizos sexa a tempo parcial.

2. En ningún caso se subvencionarán servizos que supoñan contratacións a tempo parcial con xornadas inferiores ao 50 % da xornada laboral a tempo completo.

3. O salario que percibirán as persoas contratadas como persoal técnico de orientación laboral será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto subvencionado.

4. En ningún caso, o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade solicitante.

5. As axudas reguladas pola presente orde serán incompatibles con calquera outra que financie actividades cuxa realización interfira na xornada recollida na resolución de concesión da subvención. No caso de ser compatibles, a suma das axudas non poderá superar os custos de contratación total do/da técnico/a subvencionado/a.

6. As modalidades de subvención previstas nesta orde son:

– Mantemento de servizo: prevista para as entidades que pretendan a continuidade na prestación de servizo, sen interrupción, desde a data de finalización do anterior período subvencionable.

– Novo servizo: prevista para todas as entidades que non fosen beneficiarias de axudas no período anterior ou incrementen os servizos a subvencionar respecto deste, así como aquelas que, sendo beneficiarias no dito período, non opten pola modalidade de mantemento de servizo.

No caso das agrupacións de municipios consideraranse como novo servizo cando se modifique a agrupación existente na convocatoria anterior mediante o abandono dun/duns integrante/s.

Artigo 5. Presentación de solicitudes e prazo

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que se contén na mesma e que fai constar os aspectos seguintes:

a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

b) O cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2.2 desta orde.

c) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

d) A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude así como aquela que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, logo de petición, e a documentación acreditativa dos puntos a que se refire a presente declaración responsable.

2. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II (memoria explicativa), en que se recollen as accións e medidas realizadas pola entidade con relevancia para a aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 12.3. No caso de agrupación de concellos, indicaranse tamén os locais onde se realicen as accións de orientación segundo o establecido no artigo 3.2 da orde.

b) Anexo III (ficha de servizos 2022), en que se recollerá información das citas realizadas para cada un dos postos que foron financiados no exercicio anterior. Deberán presentar este anexo todas as entidades que foran beneficiarias de subvención na convocatoria 2022.

As entidades que en 31 de decembro de 2022 tivesen vixentes servizos de orientación subvencionados ao abeiro da convocatoria anterior poderán solicitar o mantemento provisional do servizo en canto non se resolva a convocatoria de axudas.

No caso de que os ditos servizos anteriores finalicen antes da presentación da solicitude de axuda para 2023, a petición de mantemento provisional acompañarase da información recollida na ficha que figura como anexo III desta orde. Para o resto dos casos, o mantemento provisional considerarase solicitado unha vez presentada a solicitude das axudas na modalidade de mantemento de servizo.

O Servizo de Orientación Laboral autorizará provisionalmente os servizos e non poderán exceder dos vixentes na data citada nin dos que se soliciten con cargo a esta convocatoria.

Esta autorización provisional non xerará dereitos de cara á resolución desta convocatoria de axudas, polo que se a entidade non resulta beneficiaria delas, en todo ou en parte dos servizos solicitados, entenderase revogada a autorización para o seu desempeño e non se xerarán dereitos económicos polos servizos prestados durante o tempo transcorrido desde a data de finalización do período subvencionado anterior.

c) Documentación acreditativa de representación legal para asinar a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolucións, mandato, certificado expedido pola persoa que teña atribuídas as funcións de secretaría ou acta onde se determine a dita representación.

d) Só para o caso das entidades previstas no artigo 2.1.b) e c) desta orde, documento constitutivo e dos estatutos da entidade, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos.

e) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: convenio de colaboración e memoria explicativa, se é o caso, da prestación conxunta do servizo de orientación laboral con indicación das achegas económicas ou doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderada única da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No convenio subscrito deberá quedar establecido o acordo referido aos desprazamentos da persoa orientadora entre os concellos integrantes da agrupación para a atención dos usuarios, de ser o caso.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se obteñen os citados documentos ou estes non están vixentes, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– NIF da entidade solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento das obrigas tributarias coa Atriga.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Non será precisa a presentación e comprobación dos correspondentes certificados no caso de que a entidade opte por asinar a declaración responsable que ao respecto se contén no anexo I da orde.

Artigo 8. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei. O incumprimento desta obriga estará suxeito ao disposto no artigo 17.1 desta orde e, en todo caso, ao disposto no artigo 4.4 da Ley 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Artigo 9. Procedemento, competencia e resolución

1. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor dos expedientes será o Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

3. Se do exame do expediente, segundo o procedemento establecido neste artigo, se comproba que a documentación non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se achega na súa totalidade, requirirase a entidade solicitante para que, nun prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles, emende o erro ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, de acordo co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 desta lei.

4. Revisados os expedientes e completados, de ser o caso, remitiranse á Comisión de Valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe, no que se concretará o resultado da avaliación efectuada á totalidade dos expedientes.

Para estes efectos, a Comisión de Valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia, a persoa titular do Servizo de Orientación Laboral e unha persoa funcionaria adscrita ao dito servizo, que exercerá as funcións de secretaría, procurando unha composición equilibrada entre homes e mulleres segundo establece a Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Se, por calquera causa, no momento en que a Comisión de Valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puider asistir, será substituída pola persoa que, para o efecto, designe o órgano competente para resolver.

5. O órgano instrutor elevará o informe da Comisión de Valoración xunto coa proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, logo da fiscalización pola Intervención Delegada, que resolverá a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada, por delegación da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

6. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, o servizo e número de persoas técnicas para as que se concede a subvención, duración e datas de inicio e fin, e contía. A resolución poderá ter carácter retroactivo sempre que non se interrompese a prestación dos servizos de orientación laboral de acordo co previsto no artigo 6.1.b).

O Servizo de Orientación Laboral poderá autorizar as modificacións da resolución que soliciten as entidades beneficiarias nos casos en que estas non afecten aspectos substanciais dela e non modifiquen a priorización dada na territorialización: datas de inicio da contratación das persoas técnicas de orientación laboral por ampliación do prazo previsto ou cambio de localidade para novas contratacións.

7. A resolución e a notificación deberanse producir nun prazo máximo de tres meses, que se contará desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de solicitudes, deberase ter en conta o disposto nos artigos 40, 41 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 23.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, esta entenderase desestimada.

Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, as entidades propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo establece o artigo 21.5 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

8. A resolución que finaliza os procedementos regulados na presente orde esgota a vía administrativa, polo que contra ela se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do dito acto se for expreso, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, con anterioridade á interposición do dito recurso contencioso-administrativo, e de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase interpoñer recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo no prazo dun mes se o dito acto for expreso, sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e outras posibles persoas interesadas.

9. As resolucións de concesión serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, e o establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Os interesados poderán facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas na letra d) do punto 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

10. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Criterios de valoración das solicitudes

A concesión das subvencións previstas na presente orde realizarase atendendo aos seguintes criterios, que serán aplicados e avaliados pola Comisión de Valoración prevista no artigo 9.4.

1. Criterios de exclusión e limitación:

Atendendo a criterios de eficiencia e eficacia na prestación dos servizos de orientación laboral, establécense limitacións ao financiamento en función do número de actividades de orientación realizadas polas persoas técnicas de orientación laboral, para aquelas entidades que tivesen concedidas subvencións para servizos de orientación laboral ao abeiro da correspondente convocatoria de axudas para o exercicio 2022 (Orde do 23 de decembro de 2021).

Para estes efectos, teranse en consideración as citas de orientación e itinerario presenciais, así como as telefónicas e telemáticas realizadas, atendidas e mecanizadas nos correspondentes aplicativos por cada unha das persoas técnicas de orientación en cada servizo subvencionado. No caso de entidades que non acaden a cifra mínima de citas por servizo, limitarase na presente convocatoria a posibilidade de obtención de subvención de xeito que o número de contratos subvencionados non poderá ser superior ao que resulte de restarlle ao número obtido na anterior convocatoria o número daqueles que non acaden o citado mínimo.

As contías mínimas que se considerarán para este fin establécense en 200 citas por cada servizo de orientación subvencionado e vixente en 31 de decembro de 2022 para as entidades en xeral, e 65 citas no caso de entidades sen ánimo de lucro que atendan a persoas con discapacidade e entidades especializadas en atención a un colectivo específico de persoas en risco exclusión social.

Terase en conta para este cómputo o período anual correspondente a 2022, polo que para cada servizo vixente en 31 de decembro de 2022 incluiranse, de ser o caso, as citas realizadas ao abeiro das ordes de convocatoria de axudas para o exercicio 2021 e 2022. De non existir coincidencia co período anual, extrapolaranse os datos obtidos segundo o período que corresponda. En ningún caso o intervalo de datos que se van extrapolar poderá ser inferior a tres meses desde a data de apertura das axendas, e naqueles casos en que non se dispoña deste período mínimo, non será de aplicación o criterio de limitación e exclusión.

2. Asignación por servizos de orientación prestados.

Co obxecto de promover unha rede estable de servizos de orientación laboral que permita achegar estes ao maior número de persoas desempregadas de todo o territorio galego, e atendendo a criterios de eficacia e resultados acadados, en primeiro lugar asignarase a cada unha das entidades solicitantes que acaden a puntuación mínima establecida nos criterios de valoración de solicitudes recollidos no número 3 deste artigo o financiamento necesario para manter para cada localidade e xornada laboral, cada un dos postos de orientación laboral que acade o número mínimo de servizos de orientación laboral prestados que se establece a continuación:

– Entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades fundacionais e se dediquen prioritaria e habitualmente á realización de actividades de atención a persoas con discapacidade e entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en risco de exclusión social: 250.

– Resto entidades: 400.

Os servizos prestados computaranse do xeito e no período establecido no número 1 deste artigo.

Non se procederá á baremación das entidades que unicamente soliciten mantemento de servizos cando se cumpran as condicións seguintes:

1. Que todos os servizos para os que a entidade solicita o mantemento cumpran os requisitos establecidos ao respecto na presente orde, de forma específica o que se refire ao nivel servizos mínimos prestados.

2. Que o importe global máximo convocado para cada liña de axudas sexa abondo para garantir a concesión da totalidade das solicitudes de mantemento dos servizos de orientación que cumpran os referidos requisitos.

En todo caso, as entidades deberán presentar toda a documentación que se establece nesta orde desde o seu inicio.

3. Asignación por criterios de puntuación.

Unha vez asignado o financiamento correspondente aos criterios de eficacia e resultados establecidos no punto anterior, distribuirase o importe restante proporcionalmente á puntuación obtida por cada entidade solicitante despois de aplicar os criterios de valoración que se definen a seguir:

A. Para todas as solicitudes:

a) Índices de paro segundo a comarca e/ou concello en que se sitúe a entidade, para as entidades locais recollidas no artigo 2.1.a), especialización para centros que atenden persoas con discapacidade ou un colectivo específico de persoas en situación de risco de exclusión social, así como ámbito territorial de actuación para o resto de entidades sen ánimo de lucro: ata 25 puntos

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

• Entidades locais.

a.1. Agrupacións de concellos, mancomunidades e concellos cunha media de paro no ano 2022 superior ás 5.000 persoas: 25 puntos.

a.2. Agrupacións de concellos, mancomunidades e concellos cunha media de paro no ano 2022 superior ás 2.000 persoas: 20 puntos.

a.3. Agrupacións de concellos, mancomunidades e concellos cunha media de paro no ano 2022 superior ás 350 persoas: 15 puntos.

a.4. Resto de agrupacións de concellos, mancomunidades e entidades locais menores: 10 puntos.

• Entidades sen ánimo de lucro.

a.1. Centros que atenden persoas con discapacidade ou un colectivo específico de persoas en risco de exclusión social: 25 puntos.

a.2. Outras entidades sen ánimo de lucro con ámbito territorial pluriprovincial: 20 puntos.

a.3. Outras entidades sen ánimo de lucro con ámbito territorial provincial ou local: 15 puntos.

O ámbito territorial determinarase tendo en conta o número e a localización dos centros nos que a entidade realice a actividade propia do seu obxecto social.

b) Experiencia acreditada da entidade no desenvolvemento das accións de orientación laboral: ata 30 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

b.1. Por cada ano dos últimos 5 de experiencia no desenvolvemento das accións de orientación de convocatorias anteriores, segundo os datos existentes no servizo de orientación laboral: 3 puntos.

b.2. Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, doutras medidas de mellora da empregabilidade complementarias ás definidas nesta orde, ao abeiro de convocatorias realizadas por administracións públicas que teñan por finalidade a mellora da empregabilidade e a cualificación das persoas desempregadas. A valoración deste criterio terá unicamente en conta as medidas activas de emprego desenvolvidas nos anos 2021 e 2022 e sempre que estean correctamente identificadas mediante un número de expediente e denominación concreta da medida: ata 15 puntos. Non serán valoradas aquelas medidas que non se identifiquen correctamente coa súa denominación, anualidade e número de expediente.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

– Por cada medida activa de emprego diferenciada desenvolvida nos anos 2021 e 2022 pola entidade solicitante (e os concello agrupados, de ser o caso) en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia: 2 puntos.

c) Redución no financiamento das accións subvencionadas por achegas económicas por parte da entidade: ata 18 puntos.

A valoración desta epígrafe realizarase tendo en conta a porcentaxe da redución proposta na solicitude respecto do importe máximo da subvención que correspondería atendendo á xornada laboral por cada persoa técnica de orientación, segundo os seguintes tramos:

c.1. Redución de entre o 4 e o 5 por cento: 2 puntos.

c.2. Redución de entre o 6 e o 10 por cento: 4 puntos.

c.3. Redución de entre o 11 e o 20 por cento: 8 puntos.

c.4. Redución de máis do 20 por cento: 12 puntos.

c.5. Redución de máis do 40 por cento: 18 puntos.

B. Para as solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local:

a) Proxectos presentados por agrupacións de concellos baixo calquera fórmula (asociación, mancomunidade...) agás a fusión de concellos: 33 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

– Pola mera presentación da solicitude conxunta: 11 puntos.

– Polo número de concellos asociados: ata 11 puntos.

• 2 concellos: 9 puntos.

• Máis de 2 concellos: 11 puntos.

– Pola presentación dunha memoria de aforro de custos da prestación conxunta do servizo de orientación laboral con respecto á prestación de forma individual: ata 11 puntos.

b) Proxectos presentados por entidades locais resultantes dun proceso de fusión municipal de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia: 33 puntos.

c) Non serán admitidas aquelas solicitudes conxuntas en que non resulte acreditada a realización conxunta do servizo de orientación laboral e que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

C. Para o caso de que se produza un empate nas puntuacións obtidas en aplicación dos criterios deste artigo, terán preferencia aquelas solicitudes en que conste o emprego da lingua galega na realización das accións de orientación laboral debidamente declarado no formulario da solicitude pola persoa representante da entidade.

D. A valoración mínima para a consecución da condición de entidade beneficiaria debe ser de 20 puntos.

E. Unha vez calculada a puntuación obtida por cada entidade, procederase á asignación do crédito resultante proporcionalmente á puntuación obtida e seguindo a territorialización indicada no anexo IV, de modo que se procederá á repartición, en primeiro lugar, entre os postos situados nos concellos incluídos na lista de zonas preferentes (áreas con menor implantación do servizo de orientación). Unha vez adxudicados estes postos e no caso de existir crédito sobrante, procederase á repartición dos postos situados nos concellos non incluídos en ningunha das listas do anexo IV (áreas neutras cun nivel de implantación medio do servizo). A continuación, no caso de existir crédito sobrante, procederase á adxudicación dos postos situados nos concellos da lista de zonas non preferentes (áreas con maior implantación do servizo).

Artigo 13. Requisitos e selección do persoal técnico de orientación

1. As entidades beneficiarias, unha vez ditada resolución favorable, realizarán a preselección do persoal obxecto da subvención concedida, que en todo caso deberá contar con titulación universitaria. Non será necesario realizar este proceso de selección cando a persoa que se vai contratar estea prestando servizos na entidade beneficiaria da subvención e cumpra os requisitos establecidos neste artigo.

2. Unha vez realizada a dita preselección, a entidade remitiralle ao Servizo de Orientación Laboral da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación o currículo acreditado da persoa seleccionada. O persoal do devandito servizo avaliará o currículo presentado de acordo co seguinte baremo:

Requisitos imprescindibles para superar a fase de baremación do currículo:

Requisitos de titulación:

• Título de licenciado/a universitario/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou grao.

• Título universitario de enxeñeiro/a técnico/a, diplomado/a universitario/a, arquitecto/a técnico/a ou grao.

Requisitos de puntuación:

• Acadar unha puntuación mínima total no currículo de 3,5 puntos.

Formación específica en materia de orientación laboral (máximo 3,5 puntos)

Puntuación

Máster ou cursos de orientación laboral (integración laboral, inserción laboral, orientación/integración profesional)

0,50 puntos por cada 25 horas formativas

Formación complementaria relacionada coas tarefas definidas no artigo 3 desta orde (máximo 1 punto)

Puntuación

– Formación sobre a prospección do mercado laboral

– Creación de empresas e autoemprego, cooperativas, emprendemento

– Mellora de habilidades para o asesoramento e atención no ámbito laboral

– Igualdade de oportunidades no ámbito do emprego

– Selección de persoal; recursos humanos

0,25 puntos por cada 25 horas formativas

Experiencia profesional directamente relacionada co posto (máximo 3,5 puntos)

Puntuación

A experiencia profesional deberá acreditarse exclusivamente a través do contrato de traballo en que conste o desempeño dunha ocupación igual ou equivalente á requirida, das recollidas na CNO. No caso de traballadores autónomos, acreditarase coa alta en IAE (e actualización) e coas facturas en que consten os servizos prestados. Xuntarase informe de vida laboral en ambos os casos.

Cando se trate de colaboracións, bolsas, titorías, docencia, educación social ou servizos sociais, acreditarase coa certificación de organismos oficiais en que deberá constar o tempo de realización e, de ser o caso, copia das condicións da convocatoria.

Por cada mes realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado: técnico/a de orientación: orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas, inserción laboral, etc.

0,40 puntos por cada mes

Experiencia profesional indirectamente relacionada co posto (máximo 2 puntos)

Puntuación

Por cada mes realizando tarefas técnicas indirectamente relacionadas co posto ofertado (axentes de emprego, prospectores de emprego, axentes de desenvolvemento local, técnicos de emprego en entidades locais...)

0,20 puntos por cada mes

Coñecementos ofimáticos debidamente acreditados (máximo 0,75 puntos)

Puntuación

Os coñecementos débense acreditar mediante a achega de títulos, diplomas e/ou certificacións académicas.

Polos cursos acreditados sobre sistemas operativos, programas ofimáticos, programas de deseño e navegadores web, xestión de redes sociais ou espazos web para a publicación de contidos (blogues, wikis...)

Non puntúan os cursos inferiores a 15 horas.

0,10 puntos por cada 15 horas de curso

Outros méritos (máximo 0,25 puntos)

Puntuación

Celga 4 ou equivalente debidamente homologado

0,25 puntos

Discapacidade (máximo 1 punto)

Puntuación

Por ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, e a compatibilidade entre a discapacidade e o desenvolvemento das tarefas e funcións do posto mediante o correspondente certificado do órgano competente

1 punto

Este procedemento de baremación carece de vinculación cos procedementos de selección de persoal que, de ser o caso, realicen as entidades beneficiarias da subvención. A súa finalidade é verificar que a persoa proposta pola entidade beneficiaria cumpre cos requisitos mínimos que se consideran imprescindibles para o exercicio da orientación laboral nas entidades beneficiarias ao abeiro desta orde.

O servizo de orientación laboral verificará que a persoa preseleccionada pola entidade acada a puntuación mínima establecida no baremo. Para o caso de que a persoa preseleccionada non acade a puntuación mínima exixida, a entidade beneficiaria deberá presentar unha nova persoa candidata dentro do prazo previsto para a selección e contratación. No caso de que a persoa preseleccionada supere a puntuación mínima, a entidade non poderá solicitar a baremación dunha nova persoa salvo que xustifique os motivos que impidan o desempeño da actividade pola persoa xa baremada favorablemente.

O establecido nesta epígrafe non será de aplicación para o persoal técnico que xa fose baremado positivamente ao abeiro dos programas de orientación laboral en exercicios anteriores, ao cal se lle considerará vixente a dita baremación.

3. O persoal seleccionado conforme o establecido nas epígrafes anteriores poderá ter relación contractual previa coa entidade colaboradora ou ser obxecto de nova contratación pola modalidade contractual máis axeitada, incluíndo, se for o caso, a contratación mediante a modalidade prevista no artigo 10.c) do Estatuto básico do empregado público, así como no artigo 23.2.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, cando se trate dunha entidade local das recollidas no artigo 2.1.a) desta orde.

En todo caso, no contrato de traballo subscrito deberá constar con claridade a prestación dos servizos de orientación laboral.

A entidade beneficiaria asume a súa condición de empregadora respecto ao devandito persoal e o compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de contratación.

Así mesmo, deberalles facilitar ás persoas traballadoras os elementos persoais e materiais necesarios para levar a cabo o seu traballo e achegar a súa propia dirección e xestión para a articulación da colaboración conservando a estrutura de mando sobre o seu persoal, sendo responsable da calidade técnica das tarefas que desenvolvan.

A concesión e uso destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Xunta de Galicia.

4. Nos casos de substitución temporal ou definitiva do persoal contratado, procederase do seguinte xeito:

Nos casos de substitucións temporais da persoa orientadora, por calquera causa que a provoque, a entidade deberá comunicar a súa substitución nun prazo máximo de 60 días naturais desde o inicio da causa da substitución.

Nos casos de substitucións definitivas do persoal orientador, a entidade deberá comunicar a persoa de substitución nun prazo máximo de 30 días naturais desde a baixa efectiva na Seguridade Social ou desde o cesamento da prestación do servizo.

En todos os casos anteriores, a falta de prestación do servizo de orientación xerará a perda do dereito ao cobramento ou, de ser o caso, a obriga de reintegro da parte proporcional da subvención correspondente ao período de baixa ou de interrupción do servizo.

En todo caso, a contratación da persoa substituta temporal ou definitiva deberá realizarse de acordo cos requisitos e procedemento establecidos neste artigo.

Todos os prazos indicados poderán ampliarse por autorización expresa da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, logo de solicitude fundamentada da entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 32 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A falta de cumprimento dos prazos establecidos nesta epígrafe suporán a aplicación das penalizacións reguladas no artigo 17 da orde.

Artigo 14. Pagamento da subvención

1. O pagamento da subvención farase efectivo dunha soa vez, unha vez cumprido o obxecto para o cal foi concedida, o que se xustificará mediante a presentación, dentro dos prazos establecidos na resolución de concesión da subvención, e en todo caso con data límite de xustificación o 15 de decembro de 2023 da seguinte documentación, excepto para aquelas entidades que contraten o persoal técnico obxecto da subvención con posterioridade a esta data, que deberán presentala cunha antelación mínima que permita ao órgano concedente a verificación do cumprimento dos requisitos dentro do exercicio orzamentario:

a) Comunicación electrónica de cada contratación no modelo publicado na páxina web institucional da Xunta de Galicia no enlace https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0040.html

b) Declaración de inicio e solicitude de pagamento, no modelo publicado na dita ligazón, en que consten:

– Os custos de contratación do persoal técnico subvencionado referidos a un período anual.

– Declaracións responsables do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes e de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade de Galicia.

– A titularidade da conta da entidade beneficiaria onde se deba efectuar o pagamento.

c) Unha fotografía do cartel informativo e a súa localización.

d) Documentación relacionada co contrato de traballo:

– Contratos de traballo do persoal subvencionado e comunicación destes a través de Contrat@

Nos casos en que non se interrompese a contratación da persoa orientadora que prestase servizos ao abeiro da convocatoria de axudas anterior, non será precisa a presentación do contrato actual sempre que non houbese modificacións substanciais nel.

– Informes de datos de cotización (modelo IDC coa data de impresión actualizada) do persoal contratado. No caso de que o inicio da contratación non coincida co inicio do período subvencionado, deberá actualizarse a súa descarga.

e) Para o caso de novas concesións nos centros de orientación, ademais:

– Certificado do órgano competente da entidade beneficiaria, relativo á existencia de título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes e da licenza municipal de apertura, de ser esta necesaria.

– Planos a escala do local, en que debe figurar o enderezo do centro ou centros a que corresponden, e con indicación expresa do espazo ou espazos diferenciados que se dedicarán á realización das accións de orientación laboral, tendo en conta que a entidade solicitante deberá garantir que estean delimitados coas suficientes garantías de confidencialidade para a atención individual das persoas demandantes.

2. O Servizo de Orientación Laboral reserva para si a facultade de verificar, con carácter previo á autorización dun novo centro de orientación, se este cumpre as condicións de accesibilidade e calidade necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades descritas no artigo 3.

Artigo 15. Seguimento, control e xustificación das accións

1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade realizará as comprobacións e verificacións presenciais, semipresenciais e aleatorias que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación, e co obxecto de avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas na presente orde.

No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, as entidades beneficiarias na área de orientación laboral facilitarán o acceso ás instalacións en que se realizan as accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo, informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles solicite.

Nas visitas de seguimento elaborarase un informe checklist que asinarán a persoa responsable da visita e a persoa responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non implicará a conformidade co contido do informe.

2. Para os efectos da xustificación final da subvención percibida, as entidades beneficiarias deberán presentar, no prazo de dous meses desde a finalización do servizo, a seguinte documentación:

– Un certificado de fin de servizo segundo o modelo que se publicará na web institucional da Xunta de Galicia https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0040.html

– Nóminas aboadas ás persoas traballadoras que se contraten e boletíns de cotización á Seguridade Social (recibo de liquidación de cotizacións, relación nominal de traballadores, etc.), así como os documentos bancarios correspondentes que acrediten o seu pagamento, e mais os impresos de liquidación nominal do IRPF e xustificantes do seu pagamento, unha vez que se dispoña deles.

– Memoria final resumo das accións realizadas durante a totalidade do período subvencionado, segundo o modelo que se publicará na web institucional da Xunta de Galicia https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0040.html

Artigo 16. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención de acordo co previsto na solicitude e na resolución de concesión, nesta orde e nos documentos de instrucións operativas que se porán á disposición das entidades beneficiarias na páxina web institucional da Xunta de Galicia na ligazón https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0040.html

b) Retribuír ás persoas contratadas cos salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e sexan acordes a súa categoría profesional e titulación.

c) Con independencia do cobramento ou non da subvención, deberán satisfacer ao seu vencemento e mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas que deriven do funcionamento dos servizos subvencionados, especialmente as de carácter salarial.

d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

e) Comunicar, no prazo de 10 días hábiles, á Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación:

• As subvencións ou axudas solicitadas e/ou obtidas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional.

• Aquelas modificacións substantivas que afecten a realización da actividade que desenvolverá o persoal técnico contratado, co obxecto de que poida valorarse se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

f) Manter as condicións relativas ás instalacións e medios dedicados á realización das accións de orientación laboral e poñer á disposición do persoal técnico todos os medios materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións e, en particular, os equipamentos informáticos precisos, o acceso á internet e ao correo electrónico. Neste sentido deberán informar e, se é o caso, solicitar autorización, previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidese producir nos datos expresados pola entidade no inicio da súa colaboración, especialmente no que atinxe aos cambios de local.

g) Manter á disposición do Servizo Público de Emprego de Galicia e custodiar durante o período en que se executen as accións de orientación laboral o expediente completo de cada persoa usuaria. En caso de cesamento das súas actividades ou de perda da súa condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia na área da orientación laboral, a entidade remitirá os expedientes das persoas usuarias á oficina de emprego que lle indique a Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

h) Obter o consentimento das persoas usuarias para o tratamento automatizado dos seus datos persoais e facilitarlle información do estado dos seus datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros automatizados en calquera das formas expresadas na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguranza dos datos.

i) Gardar o segredo profesional respecto dos datos contidos nos ficheiros automatizados de titularidade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ou rexistrados en soportes físicos susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando a entidade finalice a súa colaboración coa Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación.

l) Non percibir retribución económica ningunha das persoas usuarias pola realización das accións de orientación laboral desenvolvidas en colaboración coa Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación no marco desta disposición.

2. Ademais, co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos, a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

I. Relacionadas coas medidas de información e publicidade:

a) No lugar onde se realicen as accións, deberá figurar, de forma visible, un cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación na web institucional da Xunta de Galicia no enlace: https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0040.html no cal constará o cofinanciamento polos Servizos Públicos de Emprego.

b) Deberán utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instrucións da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación e, en todo caso, incluír en toda a documentación relativa ás accións de orientación laboral os logotipos dos servizos públicos de emprego.

c) Deberán, ademais, obter autorización previa por parte da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para a difusión publicitaria das accións previstas no artigo 3 desta orde.

II. Relacionadas coas verificacións administrativas e sobre o terreo, e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na presente norma:

a) As entidades beneficiarias das axudas deberán manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados, referidos ás operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos.

c) Someterse ás actuacións de comprobación administrativas e sobre o terreo que se poidan acordar.

Artigo 17. Perda do dereito ao cobramento e reintegro

1. No caso de que a entidade beneficiaria da axuda incumpra algunha das condicións ou obrigacións estipuladas nesta orde procederá a perda do dereito ao cobramento das subvencións, ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora, nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se deba reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado e a exixencia de xuros de demora.

b) Non realización da actividade, ou adopción dun comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionado e a exixencia de xuros de demora.

c) A non prestación dos servizos de orientación non se penalizará en canto se cumpran os prazos establecidos para a substitución temporal ou definitiva do persoal nos termos do artigo 13.4, aínda que procederá o reintegro ou a perda do dereito ao cobramento, de ser o caso, das contías correspondentes nos termos establecidos no mesmo artigo.

Non obstante, a falta de substitución temporal ou definitiva do persoal de orientación, ou a súa substitución temporal ou definitiva sen cumprir os termos establecidos no artigo 13.4 comportará, ademais dos reintegros establecidos no parágrafo anterior, unha penalización do 3 % sobre o gasto subvencionado que, sumado aos reintegros anteditos, non poderá ser superior ao 100 % da contía finalmente subvencionada.

d) O atraso no cumprimento da obriga de satisfacer ao seu vencemento, con independencia do cobramento da subvención, e mediante transferencia bancaria, as obrigas económicas de carácter salarial: reintegro do 10 % sobre o gasto subvencionado.

e) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas no artigo 16.2.I: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionado.

f) Procederá o reintegro do exceso da axuda percibida ou, de ser o caso, o reintegro total, máis os xuros de demora, sen prexuízo da incoación de expediente sancionador e demais responsabilidades en que poida incorrer a entidade beneficiaria, no caso de non comunicar a obtención doutras axudas que financien as actuacións subvencionadas.

g) Procederá o reintegro do 10 % da axuda percibida, no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas para a mesma finalidade.

h) O atraso no inicio das tarefas de orientación por causas non imputables á Administración comportará o reintegro ou desconto da parte proporcional do gasto subvencionado correspondente ao período que transcorra desde a data de contratación da persoa orientadora ata a data de inicio das súas actuacións.

2. A obriga do reintegro establecida nos parágrafos anteriores enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Disposición adicional primeira

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para conceder, autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para exixir da entidade beneficiaria o reintegro da subvención cando aprecie a existencia dalgún dos supostos de reintegro de cantidades percibidas establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En caso de vacante, ausencia ou enfermidade, así como nos casos en que fose declarada a abstención ou recusación da persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, as atribucións citadas no parágrafo anterior serán exercidas temporalmente e mentres persistan aquelas circunstancias pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, na súa falta, polas persoas titulares e de dirección, seguindo nesta suplencia a orde establecida no Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste sentido, a substitución asumiraa a persoa titular do órgano que ocupe o posto seguinte na orde correlativa establecida no decreto, e corresponderalle ao primeiro, se é o caso, substituír o último.

Disposición adicional segunda

As entidades beneficiarias destas axudas están suxeitas ao réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional terceira

En todo o non disposto na presente disposición, será de aplicación supletoria a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Disposición adicional cuarta

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

(Territorialización) (1)

Concellos non preferentes para as entidades do artigo 2.1.a), b) e terceiro punto da letra c) (2)

Provincia da Coruña

Provincia de Lugo

Provincia de Ourense

Provincia de Pontevedra

A Baña

Alfoz

A Arnoia

Maside

Agolada

Ames

Begonte

A Bola

Melón

Dozón

Arteixo

Burela

A Merca

Montederramo

Lalín

Boqueixón

Castroverde

A Teixeira

Monterrei

Mos

Brión

Cervo

Avión

Muíños

O Porriño

Dodro

Friol

Bande

O Carballiño

Rodeiro

Narón

Guntín

Beade

O Irixo

Salceda de Caselas

Negreira

Lugo

Beariz

Oímbra

Silleda

O Pino

Meira

Boborás

Ourense

Vila de Cruces

Ordes

O Corgo

Carballeda de Avia

Parada de Sil

Oroso

Outeiro de Rei

Cartelle

Piñor

Outes

Portomarín

Castrelo de Miño

A Pobra de Trives

Padrón

Rábade

Castrelo do Val

Pontedeva

Rois

Ribeira de Piquín

Castro Caldelas

Punxín

Santa Comba

Valadouro

Celanova

Quintela de Leirado

Santiago de Compostela

Xove

Cenlle

Ramiras

Teo

Chandrexa de Queixa

Ribadavia

Trazo

Cortegada

Riós

Val do Dubra

Cualedro

San Amaro

Vedra

Gomesende

San Cristovo de Cea

Laza

San Xoán de Río

Leiro

Verea

Lobeira

Verín

Lobios

Vilardervós

Manzaneda

Concellos preferentes para as entidades do artigo 2.1.a), b) e terceiro punto da letra c) (2)

Provincia da Coruña

Provincia de Lugo

Provincia de Pontevedra

A Coruña

Cospeito

A Guarda

Nigrán

Guitiriz

Baiona

O Rosal

Vilalba

Barro

Oia

Xermade

Bueu

Pazos de Borbén

A Pastoriza

Caldas de Reis

Pontevedra

Provincia da Coruña

Provincia de Lugo

Provincia de Pontevedra

Abadín

Cangas

Portas

Lourenzá

Fornelos de Montes

Redondela

Mondoñedo

Gondomar

Soutomaior

Riotorto

Moaña

Tomiño

Moraña

Tui

Vigo

Listaxe de concellos non preferentes para as entidades do artigo 2.1 primeiro e segundo punto da letra c) (3)

Boiro

Ribeira

Santiago de Compostela

Lugo

Ourense

(1) ANEXO INFORMATIVO

(2) A ter en conta por todas as entidades a excepción de entidades de atención a discapacitados e a colectivos específicos en risco de exclusión social.

(3) A ter en conta por entidades de atención a discapacitados e a colectivos específicos en risco de exclusión social.