Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13470

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria extraordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria extraordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 22 de febreiro de 2023, mediante videoconferencia, de conformidade co previsto nos artigos 21.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e 17.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración