A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:
«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.
Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».
Pola súa parte, o artigo 77 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece:
«1. Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.1) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.2) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.3) da lei, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección (artigo 42.9 da LSG).
2. Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a porcentaxe media para o conxunto da Comunidade Autónoma. En ningún caso a porcentaxe de reserva fixada para un concello poderá ser inferior á dita media. A resolución que determine a porcentaxe que resulte para cada concello será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
3. Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (artigo 42.9 da LSG).
4. Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste artigo aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas (artigo 42.9 da LSG).
5. As reservas para a construción de vivendas protexidas deberán localizarse favorecendo o principio de cohesión social e conforme as seguintes regras en función da clasificación do solo:
– No solo urbano non consolidado deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no distrito.
– No solo urbanizable deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no sector (artigo 42.10 da LSG).
6. O previsto neste artigo resulta de aplicación a todos os plans xerais de ordenación municipal, con independencia da forma de fixación da reserva e da súa contía. Enténdese que a porcentaxe final que se fixe se axusta á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo cando iguale ou supere a reserva establecida nesta».
A citada normativa deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG nº 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.
Por todo o exposto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,
RESOLVO:
Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2023 que figuran no anexo desta resolución.
Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos de máis de 5.000 habitantes.
Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 6,8 %.
Concellos |
Inscritos |
Padrón |
PRTC |
Porcentaxe aplicable |
Abegondo |
3 |
5.534 |
0,54 % |
6,8 % |
Allariz |
22 |
6.348 |
3,47 % |
6,8 % |
Ames |
82 |
32.095 |
2,55 % |
6,8 % |
Ares |
8 |
6.033 |
1,33 % |
6,8 % |
Arteixo |
97 |
33.076 |
2,93 % |
6,8 % |
Arzúa |
1 |
5.918 |
0,17 % |
6,8 % |
Baiona |
26 |
12.349 |
2,11 % |
6,8 % |
Barbadás |
6 |
11.061 |
0,54 % |
6,8 % |
Barco de Valdeorras, O |
22 |
13.350 |
1,65 % |
6,8 % |
Bergondo |
3 |
6.892 |
0,44 % |
6,8 % |
Betanzos |
63 |
13.066 |
4,82 % |
6,8 % |
Boiro |
18 |
18.976 |
0,95 % |
6,8 % |
Brión |
23 |
8.069 |
2,85 % |
6,8 % |
Bueu |
7 |
11.978 |
0,58 % |
6,8 % |
Burela |
41 |
9.430 |
4,35 % |
6,8 % |
Caldas de Reis |
49 |
9.678 |
5,06 % |
6,8 % |
Camariñas |
0 |
5.188 |
0,00 % |
6,8 % |
Cambados |
24 |
13.671 |
1,76 % |
6,8 % |
Cambre |
83 |
24.505 |
3,39 % |
6,8 % |
Cangas |
100 |
26.832 |
3,73 % |
6,8 % |
Cañiza, A |
8 |
5.115 |
1,56 % |
6,8 % |
Carballiño, O |
28 |
13.932 |
2,01 % |
6,8 % |
Carballo |
19 |
31.432 |
0,60 % |
6,8 % |
Carral |
6 |
6.649 |
0,90 % |
6,8 % |
Castro de Rei |
3 |
5.033 |
0,60 % |
6,8 % |
Cedeira |
0 |
6.626 |
0,00 % |
6,8 % |
Cee |
5 |
7.573 |
0,66 % |
6,8 % |
Celanova |
5 |
5.619 |
0,89 % |
6,8 % |
Cerceda |
2 |
5.019 |
0,40 % |
6,8 % |
Cerdedo-Cotobade |
45 |
5.697 |
7,90 % |
7,90 % |
Chantada |
32 |
8.083 |
3,96 % |
6,8 % |
Coristanco |
3 |
5.807 |
0,52 % |
6,8 % |
Coruña, A |
1.884 |
244.700 |
7,70 % |
7,70 % |
Culleredo |
111 |
30.790 |
3,61 % |
6,8 % |
Estrada, A |
82 |
20.106 |
4,08 % |
6,8 % |
Fene |
10 |
12.702 |
0,79 % |
6,8 % |
Ferrol |
372 |
64.158 |
5,80 % |
6,8 % |
Foz |
119 |
10.118 |
11,76 % |
11,76 % |
Gondomar |
17 |
14.970 |
1,14 % |
6,8 % |
Grove, O |
8 |
10.809 |
0,74 % |
6,8 % |
Guarda, A |
9 |
10.013 |
0,90 % |
6,8 % |
Guitiriz |
2 |
5.328 |
0,38 % |
6,8 % |
Lalín |
62 |
20.201 |
3,07 % |
6,8 % |
Laracha, A |
18 |
11.505 |
1,56 % |
6,8 % |
Lugo |
1.303 |
97.211 |
13,40 % |
13,40 % |
Malpica de Bergantiños |
3 |
5.296 |
0,57 % |
6,8 % |
Marín |
87 |
24.034 |
3,62 % |
6,8 % |
Meaño |
4 |
5.292 |
0,76 % |
6,8 % |
Melide |
5 |
7.438 |
0,67 % |
6,8 % |
Miño |
2 |
6.624 |
0,30 % |
6,8 % |
Moaña |
33 |
19.474 |
1,69 % |
6,8 % |
Monforte de Lemos |
150 |
18.081 |
8,30 % |
8,30 % |
Mos |
229 |
15.199 |
15,07 % |
15,07 % |
Mugardos |
4 |
5.246 |
0,76 % |
6,8 % |
Muros |
1 |
8.365 |
0,12 % |
6,8 % |
Narón |
156 |
38.938 |
4,01 % |
6,8 % |
Negreira |
4 |
6.811 |
0,59 % |
6,8 % |
Nigrán |
31 |
18.054 |
1,72 % |
6,8 % |
Noia |
16 |
14.140 |
1,13 % |
6,8 % |
Oleiros |
130 |
37.271 |
3,49 % |
6,8 % |
Ordes |
7 |
12.589 |
0,56 % |
6,8 % |
Oroso |
12 |
7.572 |
1,58 % |
6,8 % |
Ortigueira |
17 |
5.420 |
3,14 % |
6,8 % |
Ourense |
373 |
103.756 |
3,59 % |
6,8 % |
Outeiro de Rei |
6 |
5.296 |
1,13 % |
6,8 % |
Outes |
6 |
6.108 |
0,98 % |
6,8 % |
Oza-Cesuras |
1 |
5.247 |
0,19 % |
6,8 % |
Padrón |
6 |
8.349 |
0,72 % |
6,8 % |
Pereiro de Aguiar, O |
3 |
6.609 |
0,45 % |
6,8 % |
Pobra do Caramiñal, A |
4 |
9.290 |
0,43 % |
6,8 % |
Poio |
78 |
17.276 |
4,51 % |
6,8 % |
Ponte Caldelas |
6 |
5.575 |
1,08 % |
6,8 % |
Ponteareas |
44 |
23.049 |
1,91 % |
6,8 % |
Ponteceso |
1 |
5.429 |
0,18 % |
6,8 % |
Pontedeume |
1 |
7.563 |
0,13 % |
6,8 % |
Pontes de García Rodríguez, As |
26 |
9.974 |
2,61 % |
6,8 % |
Pontevedra |
1.009 |
82.828 |
12,18 % |
12,18 % |
Porriño, O |
115 |
20.408 |
5,64 % |
6,8 % |
Porto do Son |
2 |
9.153 |
0,22 % |
6,8 % |
Redondela |
53 |
29.055 |
1,82 % |
6,8 % |
Rianxo |
5 |
10.949 |
0,46 % |
6,8 % |
Ribadavia |
26 |
5.003 |
5,20 % |
6,8 % |
Ribadeo |
53 |
9.811 |
5,40 % |
6,8 % |
Ribadumia |
39 |
5.193 |
7,51 % |
7,51 % |
Ribeira |
20 |
26.897 |
0,74 % |
6,8 % |
Rosal, O |
2 |
6.450 |
0,31 % |
6,8 % |
Sada |
17 |
16.627 |
1,02 % |
6,8 % |
Salceda de Caselas |
13 |
9.380 |
1,39 % |
6,8 % |
Salvaterra de Miño |
13 |
10.079 |
1,29 % |
6,8 % |
San Cibrao das Viñas |
1 |
5.558 |
0,18 % |
6,8 % |
Santa Comba |
2 |
9.365 |
0,21 % |
6,8 % |
Santiago de Compostela |
776 |
98.179 |
7,90 % |
7,90 % |
Sanxenxo |
31 |
17.760 |
1,75 % |
6,8 % |
Sarria |
131 |
13.214 |
9,91 % |
9.91 % |
Silleda |
46 |
8.860 |
5,19 % |
6,8 % |
Soutomaior |
23 |
7.543 |
3,05 % |
6,8 % |
Teo |
15 |
18.918 |
0,79 % |
6,8 % |
Tomiño |
18 |
13.779 |
1,31 % |
6,8 % |
Tui |
17 |
17.375 |
0,98 % |
6,8 % |
Valdoviño |
6 |
6.924 |
0,87 % |
6,8 % |
Valga |
2 |
5.752 |
0,35 % |
6,8 % |
Vedra |
0 |
5.005 |
0,00 % |
6,8 % |
Verín |
21 |
13.625 |
1,54 % |
6,8 % |
Vigo |
6.279 |
292.374 |
21,48 % |
21,48 % |
Vila de Cruces |
6 |
5.063 |
1,19 % |
6,8 % |
Vilaboa |
7 |
6.004 |
1,17 % |
6,8 % |
Vilagarcía de Arousa |
284 |
37.677 |
7,54 % |
7,54 % |
Vilalba |
141 |
13.881 |
10,16 % |
10,16 % |
Vilanova de Arousa |
5 |
10.240 |
0,49 % |
6,8 % |
Vimianzo |
0 |
6.851 |
0,00 % |
6,8 % |
Viveiro |
65 |
15.231 |
4,27 % |
6,8 % |
Xinzo de Limia |
5 |
9.611 |
0,52 % |
6,8 % |