Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13634

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2023 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia desenvolvido pola EGAP xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Dentro das previsións de continuidade das actuacións do Plan de administración e goberno dixitais. Horizonte 2020, a EGAP, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, establece o deseño de varios itinerarios formativos no ámbito das tecnoloxías da información e comunicación, orientados todos eles á modernización da Administración e a achegar un valor engadido aos servizos que se prestan á cidadanía.

Un destes itinerarios formativos céntrase na mellora das competencias dos empregados públicos no uso de solucións ofimáticas, ferramenta transversal imprescindible na elaboración de contidos dixitais, presente na actividade ordinaria dunha maioría do persoal público de administración e servizos.

O Plan formativo ofimático para o ano 2023 mantén o enfoque dunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias do plan formativo, con independencia da Administración da que forman parte, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente unha das que concentra a maior demanda. Con isto procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización na cobertura das prazas. Por tanto,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II e que deberán desenvolverse conforme as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Obxecto

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia e que a seguir se relacionan:

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9).

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).

Segunda. Requisitos dos participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante, SUG), que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, da policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entenderán por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira. Datas e lugares de realización

As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen no anexo II desta resolución. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Cuarta. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de febreiro de 2023.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– O software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (como por exemplo discapacidade ou permiso de maternidade), de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Quinta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo, incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente, incluír os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Sexta. Criterios de selección

1. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados no seguinte enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo).

A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse nun 70 % para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, nun 10 % para o persoal das entidades locais, 10 % para a Administración de xustiza de Galicia e outro 10 % para o PAS das universidades do SUG.

No caso de que non haxa un número suficiente de solicitantes da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional poderá completarse o número de alumnos/as asignado co persoal das restantes administracións destinatarias desta resolución de convocatoria de acordo cos criterios sinalados con carácter xeral da Escola Galega de Administración Pública.

Sétima. Publicación das relacións do persoal seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas, en reserva e excluídas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oitava. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

O feito de non contar co software correspondente a cada actividade e indicado no anexo II desta resolución non se considerará causa xustificada para renunciar á actividade formativa fóra de prazo.

Seguimento das actividades:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. Superación das actividades. Realización das probas

Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas e superadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final que se realizará en liña.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan. Para superaren as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta a un 50 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

As datas e o horario en que terán lugar as probas de avaliación, que se realizarán en liña, indícanse no anexo II da convocatoria, información que será ampliada e actualizada a través da páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación.

Décima. Certificado

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Undécima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten ao desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Persoal destinatario

Prazas

Horas

Cualificación

Modalidade

Data de inicio

Data de fin

Data e hora do exame

(en liña)

OF23001

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Access 2019)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

50

50

Aproveitamento

Teleformación

9.5.2023

29.6.2023

4.7.2023 17.30 h

14.9.2023

3.11.2023

7.11.2023 17.30 h

2.10.2023

20.11.2023

23.11.2023 17.30 h

OF23002

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

15.3.2023

6.5.2023

10.5.2023 16.30 h

4.7.2023 16.30 h

7.11.2023 16.30 h

23.11.2023 16.30 h

OF23003

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019)

10.5.2023 17.30 h

4.7.2023 18.30 h

7.11.2023 18.30 h

23.11.2023 18.30 h

OF23004

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

30.3.2023

20.5.2023

24.5.2023 16.30 h

18.4.2023

8.6.2023

12.6.2023 16.30 h

3.5.2023

22.6.2023

27.6.2023 16.30 h

11.5.2023

30.6.2023

5.7.2023 16.30 h

19.9.2023

9.11.2023

14.11.2023 16.30 h

28.9.2023

17.11.2023

22.11.2023 16.30 h

6.10.2023

24.11.2023

29.11.2023 16.30 h

OF23005

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019)

30

Aproveitamento

Teleformación

18.4.2023

19.5.2023

24.5.2023 18.30 h

4.5.2023

5.6.2023

9.6.2023 17.30 h

10.10.2023

9.11.2023

14.11.2023 18.30 h

25.10.2023

24.11.2023

29.11.2023 18.30 h

OF23006

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

24.5.2023 17.30 h

9.6.2023 16.30 h

23.5.2023

22.6.2023

27.6.2023 17.30 h

1.6.2023

30.6.2023

5.7.2023 17.30 h

14.11.2023 17.30 h

17.10.2023

17.11.2023

22.11.2023 17.30 h

29.11.2023 17.30 h

OF23007

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

21.3.2023

22.4.2023

27.4.2023 16.30 h

23.6.2023

29.6.2023 16.30 h

16.11.2023

21.11.2023 16.30 h

OF23008

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019)

27.4.2023 17.30 h

29.6.2023 17.30 h

21.11.2023 17.30 h

OF23009

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9)

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

50

30

Aproveitamento

Teleformación

10.4.2023

11.5.2023

15.5.2023 16.30 h

OF23010

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10)

27.4.2023 18.30 h

29.6.2023 18.30 h

14.10.2023

18.10.2023 16.30 h

21.11.2023 18.30 h