Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13480

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

O dominio dunha segunda, ou mesmo, dunha terceira lingua estranxeira converteuse nunha prioridade na educación como consecuencia do proceso de globalización en que vivimos, á vez que se mostra como unha das principais carencias do noso sistema educativo. A Unión Europea fixa o fomento do plurilingüismo como un obxectivo irrenunciable para a construción dun proxecto europeo. A lei apoia decididamente o plurilingüismo e redobra os esforzos para conseguir que o alumnado se desenvolva con fluidez polo menos nunha primeira lingua estranxeira, cuxo nivel de comprensión oral e lectora e de expresión oral e escrita resulta decisivo para favorecer a empregabilidade e as expectativas profesionais, e por isto aposta decididamente pola incorporación curricular dunha segunda lingua estranxeira.

Esta consellería, consciente da importancia da aprendizaxe destas linguas para os cidadáns e cidadás da nosa Comunidade Autónoma e da preocupación que neste sentido se manifesta desde todos os ámbitos sociais, puxo en marcha o Plan de potenciación de linguas estranxeiras ao abeiro do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que pretende dar continuidade a propostas anteriores como a anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria, o Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE) e os programas de seccións bilingües, así como implantar novas propostas como a creación dos centros plurilingües. Así mesmo, en liña con estes propósitos, actualmente a Estratexia galega de linguas estranxeiras –Edulingüe2030–, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, contempla medidas e accións para mellorar a competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego. A liña de impacto 7 –Programa de inmersión lingüística activa– contempla estadías no estranxeiro que permitan a formación integral do alumnado para o seu enriquecemento persoal, académico e profesional.

Dentro do conxunto de medidas postas en marcha no curso escolar 2022/23, a mellora da competencia comunicativa e o afianzamento da internacionalización do sistema educativo para favorecer a cidadanía global constitúen os dous eixes principais de actuación. Este conxunto de medidas, en liña coas recomendacións do Consello de Europa en materia de linguas, establece entre os seus principios educar para o desenvolvemento sostible e a cidadanía mundial co fomento das mobilidades de alumnado e a equidade, inclusión e igualdade de oportunidades, cunha ampla oferta formativa para o alumnado con estadías en ámbito internacional durante o período escolar e en período non lectivo.

Ao abeiro da Orde desta consellería, do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocaron axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, 491 alumnos e alumnas non puideron realizar as actividades (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal) o pasado verán debido á conxuntura marcada pola alza dos prezos dos combustibles e as materias primas, así como á redución da oferta formativa e de familias anfitrioas nos países de destino. Tendo en conta este feito, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades incorporou unha reserva de prazas para o alumnado beneficiario da pasada convocatoria 2022, na actual convocatoria de 2023. De tal xeito que este ano esas persoas beneficiarias poderán levar a cabo a estadía, se así o desexan, que non puideron gozar no pasado 2022.

En consecuencia, facendo uso das competencias que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto, ámbito da convocatoria e distribución das axudas

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e o acceso aos formularios de inicio polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Actividades de formación en linguas estranxeiras, co código de procedemento ED504B.

Convócanse un total de 643 axudas que se distribuirán do seguinte modo:

– 491 axudas para a realización das actividades de formación en linguas estranxeiras previstas e non realizadas no ano 2022 (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal), establecidas na orde desta consellería, do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocaron axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (en diante, prazas de cota de reserva).

– 152 axudas para a cota xeral (en diante, prazas de cota xeral).

Nesta convocatoria, no caso de que queden prazas vacantes da cota de reserva, estas acumularanse ás prazas da cota xeral.

Artigo 2. Actividades de formación convocadas

1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

A Administración resérvase o dereito de adxudicarlles destino ás persoas seleccionadas atendendo, na medida do posible, as preferencias indicadas na solicitude.

En último termo, se concorreran circunstancias sanitarias ou doutro tipo, e así o aconsellasen, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades podería decidir a cancelación destas actividades de formación, atendendo ás condicións de seguridade e saúde do alumnado participante.

3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Estas empresas ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV.

4. O custo total de cada actividade inclúe:

a) No caso das actividades que se van realizar, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.

b) Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

c) Os gastos de docencia e o material escolar.

d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

e) Os gastos de mantenza e aloxamento.

f) O certificado de realización da actividade.

g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

Para prazas da cota de reserva:

Poderá solicitar a participación nesta convocatoria, mediante confirmación a través de https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria de 2022, seguindo os criterios de selección e ata o máximo das prazas ofertadas establecidas na Orde do 11 de xaneiro de 2022, das axudas correspondentes á realización das actividades de formación en linguas estranxeiras previstas e non realizadas no ano 2022 (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal).

Finalizado o proceso, e rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Consellería de de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades enviará unha notificación á persoa beneficiaria a través do sistema Notifica.gal. A persoa beneficiaria deberá confirmar a lectura da notificación electrónica no prazo de 10 días hábiles.

A non confirmación de lectura da notificación electrónica, no anterior prazo de 10 días, realizada a través de Notifica.gal, entenderase como renuncia da axuda.

Para prazas da cota xeral:

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22.

c) Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f)  Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.

2.  As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Financiamento e contías das axudas

1. As axudas convocadas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.06.423A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 por un importe de 1.998.258,20 euros.

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, téndose acreditado ao expediente que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2023 que dea cobertura orzamentaria do dito gasto. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión. Todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto se entenderán condicionados a que, no momento de se ditar a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos os ditos actos.

3. A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV, e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar, indicado no anexo V.

Artigo 5. Solicitudes, presentación e prazo

5.1. Prazas da cota de reserva:

O procedemento de confirmación da solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, o que permitirá a confirmación á praza reservada, finalizado o proceso, e rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades enviará unha notificación á persoa beneficiaria a través do sistema Notifica.gal. A persoa beneficiaria deberá confirmar a lectura da notificación electrónica no prazo de 10 días hábiles.

A non confirmación de lectura da notificación electrónica, no anterior prazo de 10 días hábiles, realizada a través de Notifica.gal, entenderase como renuncia da axuda.

Serán rexeitadas as solicitudes presentadas mediante o procedemento de cota xeral, en caso de ter rematado con anterioridade o proceso de confirmación de reserva de praza da convocatoria 2022.

5.2. Prazas da cota xeral:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, xerando os documentos en formato PDF, correspondentes aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar.

Para a presentación das solicitudes por vía electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso da opción de presentación a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, a solicitude (anexo I) deberá asinarse pola persoa representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos solicitante.

Ao mesmo tempo ou posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II, debidamente asinado, así como a documentación complementaria necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.3. Prazo de presentación de solicitudes.

En ambas cotas, o prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas que presenten solicitude para prazas de cota xeral deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II.

b) Certificación académica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano académico 2021/22. No caso dos centros concertados, as certificacións correspondentes á educación secundaria obrigatoria serán asinadas polo director ou directora do centro docente co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, a certificación asinaraa o secretario ou secretaria do centro educativo público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

c) Copia do libro ou libros de familia no/nos que figure/n todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documento ou documentos que acrediten o número de membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos proxenitores, deberase acreditar que o/a solicitante convive cos fillos e/ou fillas.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros da unidade familiar:

– Os/as pais/nais non separados legalmente nin divorciados ou, no seu caso, o titor ou titores do alumnado.

– Os/as fillos/as menores de idade coa excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as , as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

– Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

– Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

– Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos/coas fillos/as que teñan en común.

– A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

– Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai ou persoa de situación análoga e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos anteriores.

– Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación ou divorcio, excepto no caso de custodia compartida.

Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poida dispoñer destas informacións, non se lles exixirá ás persoas interesadas a achega individual de certificacións expedidas polas administracións correspondentes.

Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase o interesado ou interesada para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

No caso de alegarse:

d) Copia da xustificación de separación ou divorcio.

e) Copia da xustificación de viuvez.

f) Copia da xustificación de titoría legal.

g) Certificado de discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c) ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas, no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

h) Copia da xustificación das alegacións que se fagan constar como outras circunstancias familiares.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. Non serán tidas en conta nin valoradas as circunstancias alegadas e non xustificadas documental e correctamente tal como se indica, nin as que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria, nin as que conteñan emendas.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, en relación ás solicitudes para prazas de cota xeral, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a) DNI ou do NIE do/da solicitante e da nai, do pai ou do titor ou titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c).

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Nivel de renda (IRPF) para o ano 2021.

d) Estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas da nai, do pai ou do titor ou titora legal ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou do/da solicitante no caso de ser maior de idade.

e) Estar ao día no pagamento coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de acordo co establecido no artigo 20.3, en relación co artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, da nai, do pai, ou do titor ou titora ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou do/da solicitante no caso de ser maior de idade.

f) Estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social da nai, do pai, ou do titor ou titora legal ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou do/da solicitante no caso de ser maior de idade.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

g) Título de familia numerosa.

h) Discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora legal, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia.

i) Situación de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), a través da consulta co Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Colaboración dos centros docentes na difusión e participación nesta convocatoria

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirá aos centros docentes información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2. A dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás asociacións de nais e pais (ANPA) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado. Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado.

3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle

4. As direccións dos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán, na medida das súas posibilidades, ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.

Artigo 12. Aceptación das bases

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases da presente convocatoria.

Artigo 13. Comunicación

Toda a información relacionada co estado das solicitudes ou coa adxudicación de prazas farase a través da páxina principal da web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, que se actualizará periodicamente.

Artigo 14. Comisión de Valoración

A valoración das solicitudes e a proposta de selección das persoas beneficiarias desta convocatoria será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

a) Presidencia: a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa ou persoa en quen delegue.

b) Vogais: ata un máximo de catro vogais nomeados pola presidencia da Comisión de Selección, con categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou membros da Inspección Educativa.

c) Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que actuará como secretaria, con voz e sen voto.

A Comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para os efectos de colaborar na valoración dos documentos achegados e na baremación.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, esta comisión considérase incluída na categoría 3ª.

Artigo 15. Criterios de selección aplicables ás prazas de cota xeral

1. A adxudicación de axudas correspondentes ás prazas de cota xeral e asignación de prazas na actividade solicitada farase atendendo á puntuación total obtida por cada alumna ou alumno que resulte de aplicar o baremo establecido no anexo V.

2. A adxudicación terá carácter de concorrencia competitiva, polo que non será suficiente para obter asignación de praza e axuda reunir todos os requisitos exixidos nesta convocatoria. É necesario, tamén, acadar un número de orde que sitúe á persoa solicitante dentro das prazas que se van conceder.

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazo

1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión.

Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.

2. A continuación abrirase un prazo de 10 días hábiles para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. As circunstancias da emenda de erros ou falta de documentación poderanse consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc. da persoa representante, ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade) na aplicación en liña dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. A falta de presentación da documentación á que fai referencia o punto 1 do artigo 6 –epígrafes a), b), c), d), e), f) e g)– dentro deste prazo será motivo de exclusión da convocatoria. A falta de xustificación referida ás alegacións correspondentes á que fai referencia o punto 1 do artigo 6 –epígrafe h)– e o punto 1 do artigo 8 –epígrafes g), h) e i)– implicará que non sexan tidas en conta as circunstancias correspondentes no momento da baremación.

3. Transcorrido este prazo, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e de alumnado suplente, ordenados por puntuación por cada un dos cursos; nos casos en que se produzan empates na puntuación, o criterio de desempate será a menor renda per cápita. Así mesmo, publicarase a listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coas comprobacións de datos referidas no artigo 8.1 –epígrafes c), d), e) e f)–; o contido destes requirimentos poderase consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc.) da persoa representante, ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade, na aplicación en liña dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle

Estas listaxes expoñeranse co mesmo procedemento indicado no punto 1.

4. De seguido, abrirase un prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións e para a presentación da documentación sinalada nos requirimentos relacionados coa comprobación de datos. Rematado este prazo e estudadas as alegacións e a documentación presentada, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva.

5. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das actividades, por proposta motivada pola Comisión de Selección, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa poderá acordar a redistribución das prazas entre outras actividades.

Artigo 17. Resolución

1. As listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso, serán publicadas na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ e no resto dos lugares indicados no punto 1. As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na que se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Logo abrirase un prazo de 5 días naturais para que as persoas solicitantes de ambas cotas remitan á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a seguinte documentación:

a) Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo III.

b) Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria que se indicará nas instrucións que se facilitarán ás persoas solicitantes a través do correo electrónico e na web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia ou abandono posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada, dentro do prazo, implica a renuncia á praza adxudicada.

c) Copia do pasaporte ou visado en vigor, no caso do alumnado que requira da citada documentación para a súa participación nas actividades no estranxeiro.

d) Copia da documentación relacionada coa COVID-19 que sexa precisa para poder levar a cabo a mobilidade de acordo coa normativa vixente nos países de orixe e destino (e de tránsito, de ser o caso), no momento de realización da actividade.

As prazas vacantes, seranlle ofertadas ao alumnado suplente por chamamento directo aos teléfonos indicados na solicitude, seguindo a relación publicada de suplentes.

2. A persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades resolverá a relación final das persoas adxudicatarias e os importes das axudas concedidas.

3. O prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de 5 meses, e comezará a contar desde o día seguinte á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, os/as interesados/as poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. A resolución definitiva das persoas adxudicatarias publicarase no DOG e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal/portal/), polo que se entenderán notificadas para todos os efectos os solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Contra a resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 18. Reintegros

En aplicación do artigo 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, suporá o reintegro do importe equivalente da axuda e a esixencia dos xuros de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde proceder ao reintegro:

– A renuncia ou abandono posterior ao pago da achega familiar, sen unha causa grave debidamente xustificada.

– Non presentarse o día do inicio da actividade, sen unha causa grave debidamente xustificada.

– Non presentarse no punto de saída sinalado para o inicio da viaxe, para o alumnado participante nas actividades realizadas no estranxeiro, sen unha causa grave debidamente xustificada.

– Non posuír a documentación necesaria para a realización da viaxe, para o alumnado participante nas actividades realizadas no estranxeiro.

– A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que a impedirían.

Artigo 19. Obrigas e abandonos durante a realización da actividade

1. Un comportamento non apropiado poderá supoñer a expulsión deste programa e o final da estadía, por causas de igual ou similar natureza ás seguintes:

a) De ser o caso, o incumprimento das leis do país ao que viaxan.

b) Incumprimento das normas establecidas para o desenvolvemento da actividade.

c) Consumo de alcohol e/ou de substancias ilegais.

d) Automedicación sen autorización médica.

e) Condutas disruptivas.

f) Comportamentos contrarios ás normas de convivencia nos diferentes eidos onde se desenvolven as actividades.

A expulsión do programa suporalle á persoa solicitante o pagamento de regreso e do custo total da actividade, así como, de ser o caso, do importe dos danos ocasionados ou derivados das ditas condutas.

2. No caso do alumnado que se atope realizando a estadía e decida abandonar o programa, sen unha causa grave debidamente xustificada, a persoa solicitante asumirá os gastos ocasionados, así como o importe total do custo da actividade.

Artigo 20. Recursos

Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para adoptar os actos e as medidas necesarios para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Modalidade

Duración

Réxime aloxamento

Nº prazas

Repartición das prazas por grupos

Custo por praza (€)

Achega das familias por grupo (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º bach.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia ou residencia

85

33

25

17

10

4.600,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia ou residencia

145

43

41

33

28

3.300,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

30

9

7

6

8

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.640,22

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Alemán en Alemaña

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

1º bach.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia ou residencia

190

65

55

42

28

3.300,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia ou residencia

143

54

41

29

19

4.600,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

30

9

7

6

8

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.640,22

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Alemán en Alemaña

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Total prazas:

643

221

180

137

105

ANEXO V

Baremo, puntuación e determinación de achegas familiares

Criterios de puntuación:

1º. Nota media do expediente no curso 2021/22: ata 10 puntos.

O criterio de selección que se terá en conta será o da nota media das cualificacións do expediente académico dos estudos realizados no curso 2021/22 polo alumnado.

En educación secundaria obrigatoria e en bacharelato, o cálculo da nota media expresarase, de ser o caso, cun decimal calculado mediante redondeo, facendo constar este resultado no punto correspondente, incluído no anexo I de solicitude destas axudas.

Para todos os niveis educativos, a baremación da nota media aplicarase segundo a seguinte táboa:

Nota media

Puntuación

5-5,9

5 puntos

6-6,9

6 puntos

7-7,9

7 puntos

8-8,9

8 puntos

9-9,9

9 puntos

10

10 puntos

2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.

Aplícase unha puntuación ponderada e progresiva en función da renda per cápita da unidade familiar, segundo o seguinte cadro, calculada esta como suma dos ingresos de cada un dos membros computables da unidade familiar, correspondentes ao exercicio fiscal do ano 2021, divididos entre o número dos seus membros. Cando se presentar declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao exercicio fiscal 2021, sumaranse os importes dos recadros correspondentes á base impoñible xeral e da base impoñible do aforro; cando non se presentar, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para os efectos do cómputo das rendas, teranse en conta:

a) As dos pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) As dos proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

c) As dos/das irmáns/ás do/da solicitante maiores de 16 anos e menores de 25 anos.

d) As da persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

A puntuación que se asignará segundo a renda per cápita exprésase na seguinte táboa:

Tramos de renda per cápita da unidade familiar (euros)

Ata 3.962

20 puntos

Superior a 3.962 e inferior a 7.606

16 puntos

Igual ou maior a 7.606 e inferior a 10.222

12 puntos

Igual ou maior a 10.222 e inferior a 11.450

8 puntos

Igual ou maior a 11.450

4 puntos

3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.

4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.

5º. Non ter sido beneficiario dunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019 e tampouco ter sido beneficiario da axuda establecida na convocatoria da Orde do 11 de xaneiro de 2022, na modalidade inglés en Canadá-integración: 1 punto.

Cálculo para a determinación das axudas convocadas:

De acordo co establecido no artigo 4.3, a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar.

Para a asignación do alumnado seleccionado a cada un dos catro grupos de achega familiar séguese o seguinte procedemento:

1º. Coa listaxe definitiva de solicitantes ordenada segundo a puntuación obtida de maior a menor, asígnaselle a cada persoa seleccionada unha praza no grupo de achega familiar correspondente seguindo a orde establecida na listaxe, tendo en conta as prazas indicadas no anexo IV para cada actividade, desde o grupo A ao D. En función da súa adscrición ao grupo correspondente, fíxase a contía da achega familiar que lle corresponderá a cada persoa seleccionada segundo o establecido no citado anexo IV para cada actividade.

2º. No caso de renuncias, a listaxe corre segundo a orde numérica establecida na lista de agarda, e corresponderalles ás novas persoas seleccionadas a achega familiar correspondente ás prazas do grupo D.