Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13510

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

BDNS (Identif.): 675176.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en 1º ou 2º de bacharelato.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 2.434.802,20 euros.

Nº de prazas: 643.

Importe individual: a contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

Modalidade

Duración

Réxime aloxamento

Nº prazas

Repartición das prazas por grupos

Custo por praza (€)

Achega das familias por grupo (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º bach.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia ou residencia

85

33

25

17

10

4.600,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia ou residencia

145

43

41

33

28

3.300,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

30

9

7

6

8

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.640,22

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Alemán en Alemaña

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

1º bach.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia ou residencia

190

65

55

42

28

3.300,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia ou residencia

143

54

41

29

19

4.600,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

30

9

7

6

8

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.640,22

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Alemán en Alemaña

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

3.630,00

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Total prazas:

643

221

180

137

105

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades