Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo convocado para a cobertura de tres prazas de inspector/a principal da Policía Local, pola quenda de promoción interna (subgrupo A2).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 13 de xaneiro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 3 prazas de inspector/a principal da policía, pola quenda de promoción interna (subgrupo A2), CE 8/20.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2023

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior