Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2023 Páx. 13712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante o Decreto da Alcaldía 13/2023, do 11 de xaneiro de 2022, acordouse nomear a Noelia Galego Casal, con NIF ***9316**, funcionaria de carreira, coa categoría de auxiliar administrativa, grupo C, subgrupo C2, praza incluída na OEP 2021 extraordinaria para estabilización de emprego, en cumprimento do proposto polo correspondente tribunal seleccionador.

O período para tomar posesión comezará a contar no prazo dun mes a partir da última das publicacións do anuncio do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 15, do 23 de xaneiro de 2022, publicouse o anuncio deste nomeamento.

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

As Somozas, 11 de xaneiro de 2023

Juan Alonso Tembrás
Alcalde