Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13905

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas de persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 296, do 28 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– 1 praza de orientador laboral, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

– 1 praza de educador social, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

– 1 praza de axente dinamizador, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

– 1 praza de axente de emprego, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

– 2 prazas de auxiliar de recadación, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

– 17 prazas de auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Ourense, na sede electrónica da Mancomunidade I. V. do Ribeiro e no taboleiro de anuncios da Mancomunidade.

Beade, 18 de xaneiro de 2023

Francisco José Fernández Pérez
Presidente