Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13904

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Peroxa

ANUNCIO da convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade das prazas incluídas na oferta extraordinaria de emprego público para o ano 2022, para a estabilización do emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 7, do 10 de xaneiro de 2023, así como na sede electrónica do Concello da Peroxa (https://aperoxa.sedelectronica.es/info.0), publicouse a convocatoria e integramente as bases dos procesos selectivos para a cobertura en propiedade das prazas que a seguir se indican, incluídas nos procesos extraordinarios de estabilización previstos na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público:

Persoal laboral fixo.

Grupo

Denominación

Núm. de vacantes

Xornada

Sistema

7

Auxiliar de axuda no fogar

5

Completa

Concurso

5

Administrativo/a de apoio para reforzar os servizos

1

Completa

Concurso-oposición

10

Limpadores/as

2

1/2 xornada

Concurso

5

Persoal de atención á infancia do PAI (Punto de Atención á Infancia)

1

Completa

Concurso

10

Persoal de apoio e atención á infancia do PAI (Punto de Atención á Infancia)

1

Completa

Concurso

10

Peón/peoa da brigada de obras

1

Completa

Concurso

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e/ou nos taboleiros de anuncios deste concello e na súa sede electrónica, na forma prevista nas propias bases.

A Peroxa, 24 de xaneiro de 2023

Manuel Seoane Rodríguez
Alcalde