Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13903

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de enxeñeiro/a industrial.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, publicáronse integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, publicouse unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 88, do 20 de abril de 2021, foi publicada a resolución relativa á convocatoria e ás bases específicas que rexerán, xunto coas bases xerais mencionadas anteriormente, o proceso selectivo para o acceso a:

Unha praza de enxeñeiro/a industrial, escala: Administración especial, subescala: técnica, clase: superior, grupo de titulación: grupo A (subgrupo A1). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 288, do 19 de decembro de 2022, foi publicada a resolución relativa á modificación da convocatoria e das bases específicas que rexerán o mencionado proceso selectivo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 26 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos