Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13902

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, en quenda libre.

No DOG núm. 98, do 27 de maio de 2021, foi publicado o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para o acceso a unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial, escala: Administración especial, subescala: técnica, clase: media, grupo de titulación: grupo A (subgrupo A2). Sistema selectivo: oposición. Quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 288, do 19 de decembro de 2022, foi publicada a resolución relativa á modificación da convocatoria e das bases específicas que rexerán o proceso selectivo para o acceso a unha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 26 de decembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Acordo 28/452, do 17.7.2019)
Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Tenente alcaldesa delegada da Área de Gobernanza,
Economía e Recursos Humanos