Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2023 Páx. 13807

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede a súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resólvese publicar as subvencións concedidas que se indican no anexo a esta resolución.

Finalidade da subvención: esta orde ten por obxecto subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

Norma reguladora: Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022.

Aplicación orzamentaria 11.03.324A.480.6.

Crédito orzamentario: 400.000,00 €, que se distribúe en:

50 % para asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sindicais intersectoriais.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Solicitante

CIF

Contía concedida

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

75.368,02 €

Unión General de Trabajadores (UGT Galicia)

G15383011

62.898,79 €

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

200.000,00 €

Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF)

G79514378

10.669,22 €

Sindicato Nacional de Comisiones Obreras (CC.OO.)

G15103112

52.863,97 €