Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2023 Páx. 13930

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT215A).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 24, do 3 de febreiro de 2023, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 11147, no número 1.2, Documentación específica, letra b), onde di: «b) Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.a), os seguintes aspectos:», debe dicir: «b) Memoria da traxectoria e interese cultural e artístico do evento en edicións anteriores, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.A, os seguintes aspectos:».

Na páxina 11148, letra c), onde di: «c) Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 13.1.b), os seguintes aspectos:», debe dicir: «c) Memoria completa e detallada do proxecto que se vai realizar, que deberá abordar, conforme o establecido no artigo 14.1.B, os seguintes aspectos:».

Na páxina 11157, número 2, onde di: «Os proxectos admitidos que non acaden unha puntuación igual ou superior a 25 puntos no número 13.1.B dos criterios de valoración (valoración do proxecto que se vai realizar) non terán dereito a subvención; así mesmo, aqueles proxectos que, obtendo a puntuación mínima requirida no número 13.1.B, non acaden unha puntuación total igual ou superior a 45 puntos non terán dereito a subvención», debe dicir: «Os proxectos admitidos que non acaden unha puntuación igual ou superior a 25 puntos no número 14.1.B dos criterios de valoración (valoración do proxecto que se vai realizar) non terán dereito a subvención; así mesmo, aqueles proxectos que, obtendo a puntuación mínima requirida no número 14.1.B, non acaden unha puntuación total igual ou superior a 45 puntos non terán dereito a subvención».